
Xogaban os nosos rapaces do Bm Culleredo Salume Cocinas fronte aos veciños do Atlántico Bm, encontro que gañaran de 13 na ida e que se prevía duro antes do comezo.
Nos primeiros compases do encontro non eran quen os nosos de axustarse nas situacións defensivas de 2x2 co pivote, sufrindo neste aspecto e concedendo goles sinxelos aos de Oleiros.
Na faceta ofensiva conseguían os nosos acadar goles con relativa facilidade a partires de ser moi disciplinados co noso modelo de xogo, chegando a situacións donde a toma de decisión era sempre correcta, pero errando máis do debido nos lanzamentos.
Cambiábamos a nosa defensa, pasando á 5:1, donde conseguimos traballar moito mellor nas situacións de 2x2 e xerar máis dudas aos atacantes coa presión do noso avanzado e as disuasións dos segundos.
A partires das recuperacións de balón conseguíamos moi boas situacións de 2º oleada, chegando con moita forza e aproveitando para acadar goles sinxelos. Con esto conseguiríamos un moi bo resultado e ir gañando de 11 ao descanso.
A segunda parte comezaba cun claro dominio dos nosos, que salían vencedores de todas as situacións de 1x1 roubando numerosos situacións ante o abuso do bote dos atacantes rivais e saindo rápidamente ao contraataque en primeira oleada. Cun 14-2 de parcial nos primeiros 10 minutos rompían xa de todo o encontro e seguirían dominando ata o final.
Encontro moi serio dos nosos rapaces que dan un paso máis na súa loita polos postos altos da táboa.
Bm Culleredo Salume Cocinas: 65 (28+37) Pablo, Teo, Alex, Isaac, Iván, Iago, Mateo, Hugo, Alexis, Martín, Jacobo, Antón, Mauro.
Club Atlántico Bm: 24 (12+12) Eiker, Alejandro, Tomás, Bruno, Aldán, Emilio, Nuno, Duarte, Roque, Pablo, Martín.
Árbitros: André Pena e Jorge Sánchez.
Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga de Prata.
