
O pasado domingo tivemos en Almeiras o segundo derbi da tempada entre as nosas cadetes, cun pavillón cheo e con ganas de disfrutar do encontro.
O partido iniciaba cun Fisioterapia moi concentrado e que saía cunha defensa 6:0, ao igual que as rivais. Foron os primeiros dez minutos claves para marcar unha diferencia de sete goles a favor, aproveitando os espazos na defensa do Abogacía e puidendo apreciar as diferenzas entre ambos equipos. Mais esto non fixo que o Abogacía se rindese, cambiaron a súa defensa a 5:1, o que desconcertou as rivais, e tras roubar unha serie de balóns por malos pases ou perdidas do Fisioterapia, e realizar uns ataques con máis penetracións na súa defensa, conseguiron apretar o marcador para chegar ao descanso tan so cinco goles por debaixo.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 14 - Bm Culleredo Abogacía Canosa 9.
Ao inicio da segunda metade o Fisioterapia volveu a calma ofensiva, partindo o seu ataque de xogadas colectivas e amosando un moi bo xogo, conseguindo así superar a defensa do Abogacía sen maior dificultade, corrixindo a súa vez erros na súa propia e roubando casi por primeira vez no encontro varios balóns do ataque das rivais en interceptación de pase. Aínda que a partir da metade desta parte comezou a notarse o cansancio, e foi a defensa a que máis o sufriu, deixando que o Abogacía conseguira penetrar polo centro sen maior dificultade, e conseguiran tamén xerar problemas a través do xogo coa pivote e de lanzamentos exteriores.
Victoria foi para o Fisioterapia Benestar que mantén o liderato nestre grupo A, aínda que poderíamos dicir que ambos están de noraboa polo partido que nos fixeron disfrutar, amosando uns valores de compañerismo e solidaridade unhas cas outras, e valorando entre elas o esforzo individual e colectivo de ambos equipos.
Forza Culle!!
Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 34 - Bm Culleredo Abogacía Canosa 17
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Sara Fernández, Sofía Meijide, María Otero, Alba Fernández, Antía Ferreño, Rosalía Vázquez, Lola Romero, Carmela Eiras, Claudia Soto e Irene Rodríguez.
BM Culleredo Abogacía Canosa: Sara Bello, Cintia Míguez, Eva Outón, Martina Arroyo, Alba Sanmartín , Simona Seo, Thais Villaverde, Daniela Pérez, Antía García, Aldara Piñeiro, Adriana Vázquez, Aitana Gestal, Noa Otón, Sara Villar y Celia González.
Parciales cada 5´: 4-0/8-1/11-4/13-5/14-8/14-9/19-9/24-9/27-11/30-13/31-15/34-17.
Árbitras: Martina Regueiro e María Rosalía Astray.
Incidencias: Xornada 11 da Liga prata feminina (grupo A), disputado no Pavillón Municipal de Almeiras.
