Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, IMPONSE AO CARBALLAL NUN PARTIDO DE POUCA INTENSIDADE.

(XM) Bm Culleredo Remax Riazor - Autocaravanas Van & Fun A.D. Carballal

O encontro entre o BM.Culleredo Remax Riazor e o Autocaravanas Van & Fun Carballal, foi un encontro deslucido e non presentou a incerteza, a tensión e o carácter competitivo que se adoitan dar nos encontros entre estes dous conxuntos. Os cullerdenses terminarían por impoñerse para continuar líderes invictos, pero o seu desempeño sería moi por baixo do que adoita ser. Os olívicos, cunha convocatoria con tan só oito xogadores e os de Culleredo, con algúns efectivos que carrexan molestias, comezaron o envite con pouco ritmo e de forma irregular. Case por inercia, o BM.Culleredo Remax Riazor tomaría as primeiras vantaxes, unhas diferenzas que se ampliarían no último tramo do primeiro acto debido ás maiores posibilidades de rotación. O marcador, que reflectía un 16-10 ao termo dos primeiros trinta minutos, deixaba o camiño achandado para a continuación. No segundo acto, a escaseza de recambios faría efecto no conxunto visitante, que co paso dos minutos, iría fraqueando nas súas forzas. O BM.Culleredo Remax Riazor, que podía manter un ritmo constante grazas ao maior fondo de banco, terminaría por engordar a súa diferenza e levarse a vitoria para continuar liderando a táboa clasificatoria á espera do difícil partido a próxima semana na pista do terceiro clasificado, o BM.Reconquista de Vigo.

BM.Culleredo Remax Riazor: 32 (16+16). Hugo Díaz (P), Marco González (P), Bruno Pardo, Aarón Blanco, Alejo Martínez, Xoán Canedo, Nicolás Casal, Atalo Bello, Roi Fdez, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Hugo Rodríguez, Antón Pérez, Adrián Veira.

Autocaravanas Van &Fun A.D. Carballal :21 (10 + 11). Nicolás Vila, Yago Lopez, Xoel Malfaz, Víctor Rodríguez, Anxo Barciela, Carlos Barciela, Bruno Pérez, Alex Lage,

Parciais cada 5´: 2-1 / 5-3 / 8-5 / 11-7 / 13-8 / 16-10 / Descanso / 18-13 / 22-15 / 24-17 / 26-19 / 27-21 / 32-21 / Final. 

Colexiados: André Pena, Martina Regueiro.

Incidencias: Encontro correspondente á 11ª xornada daLiga Ouro xuvenil disputado no pavillón de Almeiras con presencia de siareiros de ambos os conxuntos. Nos prolegómenos do encontro, levouse a cabo oprotocolo deactuación contra a violencia no deporte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *