
Comezo da 2° fase de Liga prata na maña do Sábado e desta vez recibíamos a vista do conjunto Pontevedres da S.D. Teucro.
O encontro comezou de manera inmellorable para o equipo local que cunha defensa aberta e intensa provocaba erros de pase no conxunto visitante e aproveitando para sair ao contagolpe con moita velocidade.No minuto 15 de partido, a diferencia xa era de 4 goles e o dominio dos culleredenses en todalas fases do xogo era moi notorio.O culle non baixaría a intensidade nin o ritmo de xogo e así chegouse o descanso con vantaxe de 8 goles ( 19-11).
Na 2° metade ,10 primeiros minutos de pequena relaxación local foi aproveitada polo equipo pontevedrés para recortar distancias e poñerse a 4 goles.Os Xuvenís conscientes do que había en xogo na pista , enfundaronse de novo o “mono de traballo” e de seguido a defensa e portería volveron a funcionar coma na 1° metade, para distanciarse a 6 e 7 goles rápidamente. Permitiuse así chegar o tramo final cunha vantaxe suficiente para non facer peligrar a victoria.
Bm Culleredo Galaico Caravaning 31(19+ 12): Marc,Hugo Diaz,Hugo García,Jairo,Iago,Mateo,Lucas,Roi,Hugo Rodríguez, Anton,Fabián,Lucas,Anxo,Álvaro,Pablo e Teo.
S.D. Teucro UIE 24 ( 11+ 13):Xabier,Hugo,José Antonio,Mateo,Mauro,Iker,Hugo,Martín,Anxo,Yeray,Daniel e Pablo.
Colexiados: Pablo Torreiro e Jorge Sanchez.
Incidencias : 1° xornada da 2° fase de Liga prata Xuvenil.Partido Disputado no pavillon de Almeiras con boa presencia de afeccionados de ambos conxuntos.
