Saltar ao contido

A DEFENSA DO BM.CULLEREDO ÓPTICA GALLECIA, NON PODE CO ATAQUE DO TEUCRO UNIWASH

(IM) Bm Culleredo Óptica Gallaecia - S.D. Teucro Uniwash

O BM.Culleredo Óptica Gallaecia, realizou un bo partido en ataque ante a SD.Teucro Uniwash, aténdose en todo momento ao plan de partido de forma rigorosa e disciplinada. Os cullerdenses, que traballaron de xeito recorrente cos desdobramentos dos extremos, atopaban boas situacións no xogo 2x2 entre a primeira liña e o pivote ou os extremos, alcanzando a cifra de 33 goles ante un adversario difícil de superar no seu armazón defensivo 6:0. Por contra, a retagarda do conxunto de Culleredo non foi capaz de soster en ningún momento os ataques do rival. Faltos de intensidade de pernas e unha maior agresividade nos conceptos de presión, marcaxe e disuasión, os xogadores do BM.Culleredo Óptica Gallaecia cedían ante os 1x1 e a maior potencia física dos teucristas, que conseguían superar no último tramo a portería defendida por Sebas ou Xurxo ante a falta de axudas. Os case 40 goles (33-39) conseguidos polo conxunto da cidade do Lerez, son, por se sós, síntoma evidente das dificultades que o BM.Óptica Gallaecia atopou ante o posicional dos visitantes.

BM.Culleredo Óptica Gallaecia: 33 (17+16). Sebastián Ponte (P), Xurxo Méndez (P), Javi Orge, Samuel Costa, Antón Méndez, Hugo Fariña, Carlos Negreira, Pablo Hermida, Aarón Beade, Jacobo Soto, Aitor Fariña, Mario Prada.

SD.Teucro Uniwash: 39 (21+18). Tomás Aldao, Cibrán Meis, Adrián Vales, Alex Martínez, Miguel Logroño, Sergio Froján, Mario López, Luca Valencia, Sergio Barros, Pedro Cancela, Manuel Martínez.

Parciais Cada5´: 3-4 / 6-9 / 9-13 / 12-17 / 17-21 / Descanso / 21-28 / 23-30 / 26-33 / 29-34 / 33-39 / Final.

Colexiados: Pablo Torreiro e Jorge Sánchez.

Incidencias: Encontro correspondente á 11ª xornada na Liga Ouro Infantil masculina. Partido disputado no pavillón de Almeiras con boa presencia de afeccionados de ambos os conxuntos que tiveron un comportamento deportivo exquisito. Ante do inicio do encontro, levouse a cabo o protocolo de actuación e concienciación sobre a violencia no deporte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *