
Penúltima xornada da liga prata xuvenil femenina do grupo A onde aínda estaba moito en xogo , pero en primeira instancia todo en máns propias, xa que o Baía Edicións dependía de si mesmo para poder seguir con opcións de clasificación a seguinte fase . O encontro a proiri podería ser desigualado pero o equipo local o Sedona está a ter resultados moi competitivos na casa , e así foi na primeira metade e sobretodo nos primeiros intres de encontro .
Na primeira parte o inicio estivo precedido de moitos erros sobretodo en ataque, imprecisións nos pases no ciclo de pasos , lanzamentos errados etc... todo isto reflexabase no marcador cun 5-5 nos primeiros 15 minutos . Nese momento o cambio de sistema defensivo do Baía Edicións cambiou dun 6:0 a unha 5:1 agresiva para poder alexar ao equipo rival da zona de influencia de lanzamento e propiciar interceptacións . E así foi o plan saiu a perfección, a dinámica era máis positiva e os contrataques e transicións rápidas tras recuperación daban unha ventaxa de 3-4 goles para o equipo cullerdense e acabaría indo o descanso cun resultado de Sedona 11- Bm Culleredo Baía Edicións 14.
Na segunda metade o equipo cullerdense incrementou os niveis de activación defensiva e isto foi unha das craves desta segunda metade e quizáis de todo o encontro . Tan só 6 goles recibidos nesta segunda metade , este factor sería determinante , o compromiso e intensidade neste sistema defensivo fixo poder ter erros en ataque e seguir cunha tranquilidade no encontro . No minutos 15 a diferencia ascendia a 6 goles, 15 minutos sen recibir gol , isto é ouro nun encontro , darlle valor a estas situacións e moi importante xa que pode ser crave a todos os niveis.
Desta maneira o Baía Edicións conseguía a súa séptima victoria consecutiva , estando invicto nesta segunda volta, o que lle pode dar acceso a segunda fase clasificatoria, pero antes se ten que conseguir a victoria no último encontro desta fase , o encontro ante o Porriño en Culleredo . Un encontro que poderá marcar un novo obxetivo para este equipo .
Felidades polo encontro , queda un paso máis para poder dar moitos máis esta tempada.
Sedona 17- Bm Culleredo Baía Edicións 26
Sedona: Laura Lorenzo, Sofia Rial , Maria Nunes,Arancha Hernandez,Uxía Comesaña,Lola Varela,Antia Gonzalez,Noa Senra,.Eire Mendez, Blanca Franco.
Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Carla Muiño Paula Peteiro,Carla Corral , María Bescansa, ,Lúa Fernández, Leire Barbeito, Lola Romero,Rosalía Vázquez, Claudia Soto,Alba Fernández, Sara Fernández y Antía Ferreño.
Parciales cada 5`:2-1/2-3/5-5/7-9/8-12/11-14/12-15/13-17/14-20/14-21/14-21/17-26
Árbitros : Ania Lampón y Luis Fernández
Incidencias: Xornada 13 da liga prata xuvenil femenina disputado no pavillón municipal de Coia.
