Saltar ao contido

O SUTENOR SEGUE PASO A PASO CUNHA VICTORIA EN TUI

Viaxe longa para o Sutenor que visitaba a pista do Balonmán Tui, un equipo dos baixos da taboa pero que non dá por perdido nada.

O Sutenor comezaba o encontro moi solido nas ambas facetas do xogo, xa nos primeiros 5 minutos de encontro un parcial de 0-4 propiciaba o primeiro tempo morto a prol do equipo local .

A defensa 3:3 do equipo cullerdense estaba a dar un óptimo resultado , as axudas defensivas e as interceptacións estaban a dar un éxito defensivo .O Sutenor seguiu aproveitando as situacións de xogo colectivo para poder encontrar lanzamentos en zonas efectivas , xa que ainda queda mellorar certos patróns de xogo así como a coordinación de pase e recepción en movimiento ao espazo libre.

A primeira metade tivo a mesma tónica que dende o principio , o Sutenor levase unha boa renta ao descanso que remata cun resultado de Bm Tui 7- Bm Culleredo Sutenor 15.

Na segunda metade comenzaron a aparecer certos erros defensivos por falta de concentración , ainda así o equipo recompuxose e comezou a incrementar o nivel defensivo e de novo un parcial de 0-5 partía o encontro en dous. O Sutenor na fase ofensiva buscaba un xogo colectivo a base de transformacións de central para encontrar nas zonas exteriores o éxito en ataque , certos fallos de lanzamentos parecía propiciar unha pequena remontada do equipo local , pero o equipo cullerdense tiña claras as situacións e pese a estar xogando ben pero fallando os lanzamentos en 6m , a defensa seguiu sendo crave para finalizar o encontro .

Outro pasiño máis das miniguerreiras que esta fin de semana xogan ante un rival directo , hai que traballar moito durante a semana para poder lograr un resultado positivo que encauzarían ainda máis a situación de poder seguir consolidando a terceira praza.

Resultado final : Bm Tui 19- Bm Culleredo Sutenor 30.

Bm Tui:Lola Mourón, Lorena Vaz, Aynara Rodriguez, Mara Fernández,Noa Vaz, Alejandra Martinez, Avril Alhadeff, Lucia Tena, Naihara Romero, Alejandra Vidal, Andrea Sousa.

Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue, Candela Tizón,Aroa Bestilleiro, Sara Villar, Aitana Gestal, Noa Otón , Celia Fuentes, Uxía Seoane y Aroa Martinez

Árbitros: Jonathan Rodriguez

Parciais cada 5`:0-4/1-6/3-8/5-10/7-15/11-19/14-22/14-27/18-27/19-30

Incidencias:Xornada 12 disptuado no pavillón municipal de Tui

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *