
Nova xornada para os nosos equipos que chegan a puntos críticos nas súas competicións e afrontan encontros da máis alta intensidade. Será unha xornada con derbis no clube e derbis provinciais moi atractivos para todos os espectadores, que esta fin de semana voltan aos pavillóns.
DOCE ÓPTICOS BALONMÁN TUI VS BM CULLEREDO SUTENOR
As nosas infantís viaxan ata Tui para enfrontarse a un rival ao que xa se enfrentaron na fase previa e no partido de ida da liga regular. A vitoria caeu sempre do lado cullerdense pero todo pode pasar neste encontro da segunda volta. O rivais sempre melloran e as infantis do Sutenor non queren levar ningunha sorpresa, para iso están a adestrar con moitas gañas para poder obter un bo resultado nunha das máis longas viaxes que ten este ano.
BM CULLEREDO CLIMANOSA VS CLUB BALONMÁN VIVEIRO
GARAYSA XIRIA “C” VS BM CULLEREDO CLIMANOSA
Dobre xornada esta fin de semana para os nosos rapaces do Climanosa, que retoman a competición tralo parón de Nadal. Xogarán o sábado ás 12:00 un difícil encontro en Carballo fronte ao Xiria e o domingo deberán amosar a súa mellora ante un rival moi difícil como é o Viveiro, cuxa superioridade física e defensa cerrada nos prantexará moitas dificultades.
BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS S.T. TEUCRO
Moi duro enfrontamento o que debe afrontar na mañá deste sábado o Óptica Gallaecia, que se medirá ao Teucro, sendo os de Pontevedra un equipo moi forte e difícil de batir como xa vimos na ida. O traballo dos nosos fronte á defensa cerrada dos de Pontevedra e a capacidade de roubar balón dos nosos serán craves para loitar polos 2 puntos.
BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA
Derbi cullerdense entre as nosas cadetes, un encontro moi especial para todas as compoñenetes e tamén para toda a sección feminina do clube. Espérase un encontro cheo de emocións e nervios no inicio do encontro. A priori o líder do grupo, o Fisioterapia parte coma favorito pero coidado co Abogacía Canosa que está a ser máis regular e pode meter algún susto ao lider. O balonmán será o principal realmente, nun encontro que será recordado por moitas durante un longo tempo e sobretodo un encontro bonito de desfrutar.
BM CULLEREDO SALUME COCINAS VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO
Partido contra os veciños de Oleiros para os nosos cadetes de Liga Prata, que chegan despois dunha moi boa actuación fronte ao OAR. A intensidade defensiva e o orde serán innegociables se queremos poder levarnos os 2 puntos.
BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS SD. TEUCRO AYF CORREDURÍA
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, volve a Almeiras no que será o primeiro partido como local despois do parón do Nadal. Os cullerdenses, que se marcan como obxectivo continuar na disputa por alcanzar o liderato, necesitan mellorar o seu xogo en canto a regularidade e disciplina táctica para poder impoñerse ao Teucro de Pontevedra. Será primordial e crucial que o equipo este sólido, concentrado e solidario en labores defensivas. O partido disputarase o Sábado ás 13:00h.
SEIS DO NADAL-COIA VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS
Só quedan dúas xornadas para terminar esta fase de grupos e o Baía Edicións ten na súa man poder clasificarse á seguinte fase coma segundo de grupo. Para iso ten que obter a vitoria neste encontro e na última xornada. O Seis Do Nadal está a competir moi regular nesta segunda volta e poñerá as cousas moi compricadas ao equipo cullerdense. O Baía Edicións está a facer unha segunda volta sobresaínte pero aínda queda dar os pasos máis importantes que sen eles o premio quedará medio baleiro.
BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS S.D. TEUCRO
Este sábado as 10:00 no municipal de Almeiras terá lugar o 1° partido da 2° fase da Liga prata. O rival será a S.D. Teucro de Pontevedra,esperase un partido competido ante o duro rival Pontevedra.Os xogadores cullerdenses deberán de mostrar a sua mellor versión para poder loitar pola victoria.
BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS AUTOCARAVANAS VAN & FUN A.D. CARBALLAL
O BM.Culleredo Remax Riazor, recibe esta fin de semana a un rival que adoita poñerlle as cousas moi difíciles sempre. O conxunto do barrio de Carballal, en Vigo, acode a Almeiras co obxectivo de non desengancharse daqueles postos que lle poden dar a opción de disputar a próxima Final Four e, por iso, os cullerdenses deberán de completar un encontro serio e sen fisuras se queren impoñerse para continuar líderes e con certa marxe respecto aos seus rivais. O encontro disputarase o Domingo ás 13:00h.
ATTICA 21 HOTELS OAR CORUÑA VS BALONMÁN CULLEREDO
Segunda saída consecutiva do BM.Culleredo, nesta ocasión, nun exame dos máis esixentes na pista do líder. Será un derbi máis, unha festa do balonmán provincial onde o BM.Culleredo pretende ser descarado e atrevido ante un plantel, o do OAR, repleta de xogadores con ampla experiencia nesta categoría e superiores. O obxectivo do BM.Culleredo é competir como o veñen facendo nos últimos meses, pero mellorar a xestión do xogo en determinadas fases do para non acumular erros non forzados que lle poidan dar unha clara vantaxe ao seu rival. O encontro disputarase este Sábado ás 19:00h no pavillón S.Francisco Javier da Coruña.
