
Despois de casi 1 mes de parón navideño , retomouse a competición cadete visitando aos nosos veciños do OAR. Comezou o partido de maneira moi beneficiosa para os interesese cullerdenses,que axudados por boas defensas lograban sair veloces ao contragolpe.No minuto 20 o marcador mostraba un claro 7-14 favorable o equipo de culleredo.O equipo coruñes logrou acurtar a distancia nos ultimos 10 minutos e así chegamos ao descanso cun 12-16 no luminoso.
Despois do paso por vestiarios o xogadores do “Salume Cociñas” basando o seu xogo nas anticipacións defensivas e cando non eran capaces de defender ben , aparecería a portería para anular o ataque do OAR.Mediado o 2° acto a vantaxe de 9 goles xa era insalbable e os xogadores do culle souperon xogar coa vantaxe para finalizar o encontro sen apuros.
Parciais cada 5’: 3-4/4-9/6-11/7-14/9-16/12-16/Descanso/14-18/14-22/15-24/16-25/19-28/21-30/ Final.
OAR Coruña 1952. 21(12+9): Sergio,Hugo,Nicolás,Carlos,Alexandre,Martín,Isayas,Jorge,Antonio,Pablo.
Bm Culleredo Salume Cocinas. 30( 16+14):Iago,Mateo,Hugo,Iván,Alexis,Martín,Alejandro,Teo,Jacobo,Antón,Isaac,Mauro,Beltrán .
Colexiados: Iago Allegue e Noelia Mata
Incidencias. 10° Xornada da Liga prata disputada no pavillón de San Franciso Javier da Coruña a porta pechada pola decisión tomada entre a FGBM e os clubes como protesta e en resposta a os últimos incidentes de violencia verbal e física nas bancadas.
