
Volta a competición despois de casi 1 mes de parón pola celebración das festividades navideñas.
O encontro comezou de boa forma para os xogadores de culleredo que gracias a unha defensa moi profunda , conseguía recuperacións de balon que se convertían en rapidos contragolpes.No minuto 15 de partido o marcador mostraba unha clara diferencia de 6 goles para o equipo local.A partires de este momento, a desconexion do partido dos xogadores culleredenses foi tan grande ,que o equipo carballés aproveitouno de tal modo que chegouse o descanso cunha diferencia de 1 gol a favor dos visitantes.
Despois do paso por vestiarios , agardábase a reacción dos xogadores culleredenses . Esta chegou un pouco tarde, ainda que foi suficiente para conseguir a victoria ante un equipo carballés moi mermado debido as baixas de varios dos seus xogadores importantes .
Balonman Culleredo Galaico Caravaning : 41(18+23). Marc,Iago,Jairo,Víctor,Mateo,Antón,Fabián,Félix,Lucas,Álvaro,Anxo,Pablo e Teo.
Montaxes Carballo Xiria B :32(19+13).
Lucas,Xabier,Nicolás,Yago,Xano,Izan,Álvaro,Rubén,Daniel,Pablo,Máximo e Saul
Colexiados: Pablo Torreiro
Incidencias. 10° Xornada da Liga prata disputada no pavillón municipal de Almeiras a porta pechada pola decisión tomada entre a FGBM e os clubes como protesta e en resposta a os últimos incidentes de violencia verbal e física nas bancadas.
