Saltar ao contido

IMPORTANTE VITORIA DO BAÍA EDICIÓNS

Tras as vacacións de Nadal, o Baía Edicións recibía este sábado en casa ao equipo da Sar Bluenewables. Partido moi importante co que as nosas rapazas estarían un paso máis cerca da clasificación.

O partido iniciaba cun Culleredo concentrado e intenso, saíndo cunha defensa 6:0, que manterían durante todo o encontro. En ataque non comezaron o partido con moito acerto, xa que foron varios os balóns que se ían fora nos primeiros minutos, máis no momento no que gardaron a calma e coa realización dunha serie de permutas, transformacións de extremo e xogo coa pivote, as rapazas do Baía conseguiron xerarlles problemas defensivos ás rivais, que estaban a defender tamén cunha 6:0, e coller vantaxe no marcador de cara á segunda metade.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Baía Edicións 12 - Sar Bluenewables 7.

Na segunda metade a dinámica non variaba, a Sar seguía tratando de sorprender ás do Culleredo con permutas e transformacións de extremo, e por momentos na zona central da defensa o conseguían. Pero tras subsanar algún erro da primeira metade, e inicios da segunda, nas basculacións, as do Baía Edicións conseguiron interceptar varios balóns que acomodaban o resultado.

Xa chegando ao final do partido, varios erros ofensivos de xogo individualizado e perdidas de balón , fixeron que as rivais reduciran a distancia, máis non fixo que as nosas se foran do partido neste último tramo.

Gran partido das xuvenís, as cales non baixaron a intensidade practicamente en ningún momento. Esta semana toca seguir traballando antes de visitar ao Seis do Nadal.

Forza Culle!!

Resultado final: Bm Culleredo Baía Edicións 26 - Sar Bluenewables 18.

Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Carla Muíño, Lucía Cortegoso, Carla Corral, Lola Romero, María Bescansa, Leire Barbeito, Paula Peteiro, Lúa Fernández, Rosalía Veiga e Irene Rodríguez.

Sar Bluenewables: Uxía Bouzón, Carlota Mo, Mireia Yozia, Carlota Figueroa, María Rafael, Uxía Crespo, Carla Pérez, Paula Correa, Alba Sampil, Alejandra Lorenzo, Celia Couñago e Paula Ayude.

Parciais cada 5´: 2-1/4-2/8-3/9-6/12-6/12-7/15-10/18-12/21-13/22-14/24-17/26-18.

Árbitra: Uxía Mariño.

Incidencias: Xornada 12 da Liga de Prata xuvenil feminina (grupo A), disputada no Pavillón Municipal de Tarrio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *