Saltar ao contido

PARTIDO IRREGULAR DO ABOGACIA CANOSA QUE DEIXA DE COMPETIR NA SEGUNDA METADE

O Abogacía Canosa viaxaba a Carballo para enfrontarse a o segundo clasificado do grupo A norte. As carballesas foron moi superiores no partido de ida , pero neste algo cambiou , as nosas competiron toda unha primeira parte, mágoa desenchufarse na segunda metade para poder seguir competindo.

O Abogacía Canosa comezaba cuha defensa 5:1 para poder cortar a circulación de balón do equipo local ,o nivel defensivo era bó e estaba a ter éxito ,tanto forzando lanzamentos en zonas eficaces coma conseguir errores de pase no equipo local . Pero isto non se ía aproveitar moito xa que na fase ofensiva estábase a ter moitas pérdidas de balón . Unha vez pasado os 15 minutos de xogo o equipo comezou a ter mías fluidez de balón e máis eficacia logrando boas situacións de gol . O partido tiña unha diferencia de 2 goles a prol do equipo local , pero con sensacións de que se puidera empatar o darlle a volta o electrónico . Pero chegou o descanso cun marcador de 14 -12 .

Resultado ao descanso Grupo Lemaco Xiria B 14- Bm Culleredo Abogacía Canosa 12.

Na segunda metade o equipo local tivo unha marcha máis xa dende o comezo , as nosas polo contrario tendo pérdidas de balón non acorde co encontro , isto facía que o equipo local fórase cuunha ventaxa de 5 goles, a defensa 5:1 coa a avanzada moi presionando estaba a facer dano no ataque cullerdense. Despois dun tempo morto e axustar pequenos detalles o Abogacía Canosa recortaba as diferencias para meterse no encontro novamente pero unha vez máis a desconexión na fase ofensiva , non estar anticipativas e sobretodo non entender que para marcar gol hay que aproximarse a portería contraria facían que o equipo local tomara unha renta moi superior e finiquitara o encontro . O Abogacía Canosa non estivo activo e anticipativo na segunda metade, a intensidade e tensi´pno baixou e isto apreoveitouno o equipo local .

Irregular partido do Abogacía Canosa que competiu ben na primeira metade pero que non soubo seguir esa dinámica na segunda . Pasoulle factura ter un pouco de maldade e agresividade na faceta ofensiva para poder amedrentar ao equipo local , Aínda así mellorase con creces o resultado de ida .

Toca seguir adestrando para poder subir o nivel non queda outra nesta fase da tempada.

Forza Culle,

Resultado final : Grupo Lemaxo B Xiria 28- BM Culleredo Abogacía Canosa 19.

Grupo Lemaxo b Xiria : Sara Trigo, Aroa Lista, Zahira longueira,Fátima Varela, Lucía Castiñeiras, Noa Caamaño, Ines Cabeza,Sara Pallas, Eva Vidal, Lara Varela,

BM Culleredo Abogacía Canosa: Sara Bello, Cintia Miguez, Luana Gómez, Eva Outón, Thais Villaverde, Daniela Pérez, Martina Arroyo,Sara Villar, Celia González, Aitana Gestal y Alba Sanmartín.

Árbitros: Daniela Suárez

Incidencias: Xornada 10 da liga cadete feminino prata do grupo A Norte, disputado no Ceip Forgar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *