Saltar ao contido

VICTORIA SUBLIME PARA CERRAR O ANO

O Baía Edición sabe que ten unha oportunidade moi boa de poder chegar a fase final na liga prata e iso o fixo saber onte en Carballo . O conxunto cullerdense saiu moi entonado sobretodo a nivel defensivo onde cerrou a porta os primeiros 5 minutos do encontro e tan só 3 goles encaixados nos primeiros 15 minutos. A defensa 5:1 estaba a provocar moitos erros ao equipo local dende lanzamentos dende a lexanía ata erros de pase que eran interceptados pola defensa cullerndese para sair en primeira o segunda oleada.

O ritmo defensivo baixou un pouco polo acerto do ataque local pero as situacións eran moi correctas, Mentres na fase ofensiva a organización do ataque estaba a ser moi correcta, o balón tiña un bo ritmo de velocidade e isto facía desequilibrar a defensa carballesa que non era capaz de frear o ataque do Baía Edición.

Resultado ao descanso: Suevia Xiria 12- Bm Culleredo Baía Edición 16.

Na segunda metade o equipo cullerdense deu un apretón a todos os niveis para poder distanciarse no marcador aínda máis un parcial de 4-1 distanciaba o marcador a 7 goles. O ritmo en ataque e a efectividade eran altos e isto non parou en toda a segunda metade , as transformacións de primeira e segunda liña estaban a crear un problema a defensa carballesa que viase superada en todo o momento , tanto es aspectos colectivos coma individuais.

Mentres na fase defensiva o equipo seguía con conceptos moi claros,primeiro e o colectivo e a solidaridade coas compañeiras, sen iso e moi difícil competir e sobretodo conseguir a victoria, pero estas rapazas o teñen claro , o primeiro e o primeiro e non se pode negociar . A situacións de compañerismo non poden decaer en ningún aspecto e esa é a diferencia para poder avanzar o retroceder.

Noraboa polo encontro que tivo un liña regular e ascendente , queda dar pequenos pasos para conseguir algo máis grande , estamos na dinámica para entrar nunha fase final , que sexa de prata ou de ouro e unha fase final e hai que loitar por ela xa que estos momentos son os mellores para unha aprendizaxe que estabamos a buscar.

Grazas por este ano , a afección está a disgrutar moito tanto con os vosos acertos como os erros tamén , todos estamos para axudar para os bos momentos e para os malos tamén , o importante é o que estamos xenerando e iso e indudable.

Noraboa e felices festas.

Resultado final: Suevia Xiria 22- BM Culleredo Baía Edición 31.

Suevia Xiria: Ainhoa Martin, Andrea Lopez, Clara Graña, Irene Suarez, Leticia Santos, Elena Gonzalez,Noa Carracedo, Noa Quintela, Nerea Varela.

Bm Culleredo Baía Edición: Aroa García,Leire Barbeito, Lúa Fernández, Paula Peteiro, Lucia Cortegoso, Carla Corral, Carla Muiño,Rosalía Veiga, Irene Rodriguez, Claudia Soto, Lola Romero, Antía Ferreño y Sara Fernández.

Parciales cada 5`: 0-2/1-4/3-8/8-10/10-14/12-16/13-20/16-23/18-25/19-27/20-28

Árbitros: Noelia y Renzo Martin

Incidencias: Xornada 11 da liga xuvenil prata do grupo A.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *