
Volta a competición para o Fisioterapia Benestar que volvía despois do parón navideño. O Abegondo Noroplaza sería o rival nesta ocasión, equipo que plantexaba unha 5:1 pero cunha avanzada moi hundida. O Fisioterapia Benestar polo contrario plantexaba o mesma sistema par cunha avanzada máis dinámica que cunha segunda liña moi agresiva, isto deu dende o primeiro minuto certas interceptacións que provocaban contrataques en primeira oleada e transicións rápidas o que provocaba que o marcador se distanciara notablemente entre os dous equipos.
O plan seguía a ser o mesmo pese a diferencia tanto en Antropometría como en aspectos técnico tácticos. Darlle velocidade e continuidade o xogo era un dos obxetivos a nivel ofensivo , axustar os momentos de velocidade e desmarque eran unha das prioridades para poder consolidar correctamente o ataque cullerdense.
Resultado ao descanso: BM Abegondo Noroplaza 2- Bm Culleredo Fisioterapia 18
Moita diferencia no marcador pero o Fisioterapia Benestar seguía o plan de partido .A intensidade a nivel defensivo non baixaba , quizais si. os prmeiros minutos da segunda metade pero unha vez axustado os erros o equipo volveu a súa senda para poder continuar co plan de partido .
A diferencia era maior que o equipo rival pero non podemos sair relaxadas , cada minuto dentro da pista debe de ser o 100% esta é a maneira para poder competir o máximo nivel e poder alcanzar paso a paso o obxetivo marcado.
Agora toca esperar o seguinte encontro que será moi especial xa que se enfrontarán os dous equipos cadetes femininos do clube, derbi local e de club , un encontro onde o balonmán sera o máis importante.
Forza Culle:
Resultado final: Noroplaza Abegondo 7- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 35
Noroplaza Abegondo:Elena Carro,Arianna Castelo, Carlota Fernández,Sara Roel, Carla Suarez, Lorena Romero, Sara Moar,Sofía Candal, Daniela Andrade, Noa Moar.
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar:Sara Fernandez, Sofia Meijide, María Otero,Alba Fernández, Antía Ferreño, Rosalía Veiga,Lola Romero, Carmela Erias, Irene Rodriguez Claudia Soto y Noa Otón.
Parciais cada 5`:0-7/1-9/2-12/2-13/2-15/2-18/5-22/6-24/6-27/7-29/7-32/7-35
Árbitros: Daniel González
Incidencias: Xornada 10 da liga de prata cadete feminina disputado no pabellón municipal de Abegondo.
