
Partido entre 2 equipos situados nos postos alto da clasificación , empatados a puntos e onde loitarían polo liderato.
O comezo do partido foi o desexado para os intereses cullerdenses , con rapidas saídas o contragolpe despois de boas defensas. Mediada a primeira metada , a diferencia chegaba os 5 goles a favor do equipo de culleredo.Os xogadores do OAR Coruña aos poucos foron recortando a vantaxe e gracias ao xogo do 2x2 co pivote ,farían moito dano a defensa visitante.Así chegouse ao tempo de descanso con 2 goles de vantaxe para os de Culleredo ( 13-15) .
Na 2° metade o equipo cullerdense entrou descoñecido,sen intensidade defensiva e cunha falta de actitude que non era propia deste grupo de xogadores. O equipo coruñés aproveitouno e en tan so 5 minutos xa dominaban no marcador con 2 goles ao seu favor.Tras o tempo morto do entrenador visitante, o “ toque de atención “ aos seus xogadores dun modo mais que notable, surtiu efecto. Os xuvenís do “Galaico Caravaning “, puxeronse a traballar na faceta defensiva conscientes de que era a forma de poder sair victoriosos do encontro.A medida que transcorrían os minutos o equipo culleredense igualaría o encontro e xa a falta de 10 minutos dominaría con vantaxas curtas de 1 ou 2 goles.Chegamos aos 3 últimos minutos , onde os rapaces souperon dosificar a vantaxe e xogar con tranquilidade para poder lograr a victoria.
Talento Grupo Internacional OAR Coruña:27(13+14).Leo,Rodrigo,Xavi,Hugo,Víctor,Carlos,Isaac,Angel,Diego,Leo,Roi,Yan,Agustín,Matías,Javier,Sergio.
Balonman Culleredo Galaico Caravaning : 28(15+13). Marc,Hugo, Iago,Jairo,Víctor,Mateo,Antón,Hugo,Roi,Fabián,Félix,Lucas,Álvaro,Anxo,Pablo e Teo.
Colexiados: Pablo Torreiro
Incidencias. 9° Xornada da Liga prata disputada no pavillón de San Francisco Javier a porta pechada pola decisión tomada entre a FGBM e os clubes como protesta e en resposta a os últimos incidentes de violencia verbal e física nas bancadas.
