Saltar ao contido

VICTORIA DO SUTENOR NO DERBI ANTE O XIRIA

Derbi provincial a porta pechada entre o Balonmán Culleredo Sutenor e o Tubasys Xiria de Carballo onde as nosas miniguerreiras consguían o obxetivo da victoria para acabar o ano como terceiras clasificadas na liga regular Ouro.

Un inicio de encontro onde o Xiria estivo por diante nos primeiros compases do encontro pero que pouco a pouco o Sutenor foi dandolle a volta , as situacións de desmarque sen balón comezaron a a aparecer e o ritmo defensivo elevouse para conseguir efectividade na fase defensiva . As interceptacións pola profundidade defensiva no sistema 3:3 estaba a dar resultado.

Na fase ofensiva no último tramo do encontro estivo a alto nivel xa que 6 goles nos ultimos 5 minutos decantaban fabvorablemene o resultado a prol do equipo cullerdense.

Resultado ao descanso : Bm Culleredo Sutenor 22- Tubasys Xiria 13.

Na segunda metade o Sutenor con moitas rotacións comenzou moi atinado de novo na parcela defensiva aínda así habia moitos erros a nivel colectivo , os cambios de oponente na primeira liña e o cambios de oponente na segunda liña estaba a denotar una falta de organización na defensa cullerdense, pero en momento ben resolto a nivel individual. Na fase ofensiva na segunda metade o equipo non tivo problema de conseguir un obxtetivo real que é marcar gol , a diferencia era maior aínda que por mor de novo dos desaxustes defensivos o equipo carballés no tramo final conseguía reducir un pouco a diferencia pero xa era moi tarde e a distancia era moi longa no marcador.

Partido de altibaixos do Sutenor onde queda moito que recorrer , e queda unha segunda volta moi longa.

Parabéns a todo o conxunto do Sutenor por esta primeira volta magnífica onde sitúase terceiro na táboa con só dúas derrotas e con victorias de moito moito mérito. A participación de todas as xogadoras a sido fantástico cada unha a porta o seu graniño de area e cada vez máis, os pequenos detalles as veces non se aprecían pero son os que marcan a evolución tanto individual coma colectiva e este equipo o está a demostrar. Poderase caer na mesma pedra moitas veces pero levantase e intenta recuperar a caída. De novo noraboa por facer disfrutar a afección nesta primeira volta, agora toca o mellor , loitar por un obxetivo real unha hipotetica praza para o campionato de España onde non é nada imposible pero hai que ter os pés nada terra e ir con humildade.

Forza Culle e felices festas.

Resultado final: Bm Culleredo Suenor 41- Tubasys Xiria 29

Bm Culleredo Sutenor : Helena Portas , Elena Aneiros, Salma Martinez, Aroa Bestilleiros, Aroa Martinez, Sofía Orge, Yasmin Gabarri, Uxía Seoane, Noa Otón , Aitana Gestal, Celia González, Sara Villar.

Tubasys Xiria: Sara Trigo, Carmen Fuentes, Alba Lamas, Abigail González, Paula Andrade, Sofia Españam Mariana Martinez, Alba Mourelle, Africa Gómez.

Parciales cada 5`: 2-4/7-6/10-9/16-11/22-13/26-16/31-18/33-21/&37-25/41-29

Árbitros: Jorge y Victor

Incidencias: Xornada 9 da liga infantil femenina ouro, disputado no Pavillón municipal de Almeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *