Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SALUME COCINAS, CEDE ANTE O HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

[CAD. MASC.] HIERROS VARELA URBIETA XIRIA vs BM CULLEREDO SALUME COCINAS

O BM.Culleredo Salume Cocinas, non foi capaz de superar o Hierros Varela Urbieta Xiria e, aínda que dominou o marcador e o xogo durante moitos minutos do primeiro tempo, ao final sucumbíu nunha segunda parte máis irregular. Os cullerdenses comezarían afianzados no sua defensa 6:0 e atopando espazos na 5:1 do seu rival con certa solvencia. Isto levaríalles a adiantarse no marcador e facerse co encontro durante vinte e cinco minutos, aínda que con distancias curtas. Sería no último tramo do primeiro período cando unha suma de erros non forzados, converteríanse en claros agasallos para os bergantiñáns. Estes non o desaproveitarían e cun parcial de 5-2, tomarían o túnel de vestiarios no tempo de descanso cunha vantaxe de dous goles (16-14).
Na continuación, os de Culleredo mostraríanse moito máis irregulares e, a pesar de tentalo, os erros defensivos na liña e as precipitacións en ataque, farían imposible a remontada ante o conxunto de Carballo.

Hierros Varela Urbieta Xiria: 35 (16+19). Iker Lema (P), Jorge Nielsen, Lucas Mateo Fajardo, Desale López, Iván Rey, Saul Fuentefría, Álvaro Cotelo, Oscar Longueira, Rubén Nogareda, Hugo Rama, Daniel Pan, Pablo Fraga.

Bm Culleredo Salume Cocinas: 30 (14+16). Hugo Nodar (P), Mateo Basanta (P), Pablo Penelas, Iván Gantes, Martín Casal, Alex Soto, Teo Gómez, Jacobo García, Antón Rodríguez, Mauro Fdez, Guillermo Blanco, Beltrán González-Camino, Iago Vilar, Alexis Martínez, Isaac Lorenzo.

Árbitro: Renzo Martín e Allison Caamaño.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada e derradeira antes do parón do Nadal. Encontro disputado a porta pechada no Vila De Noia de Carballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *