
Incontestable e inapelable a primeira volta da liga Ouro que culminou o BM.Culleredo Remax Riazor no pavillón Valle Inclán de Oleiros esta fin de semana. Os cullerdenses, que conseguen unha contundente vitoria no derbi provincial, rematan o ano liderando con suficiencia a clasificación e contan todos os seus partidos por vitorias.
No encontro de hoxe ante o BM.Atlántico, o BM.Culleredo Remax Riazor soubo liquidar a falta por lesión de Samuel Seijas e sacou adiante un partido sempre difícil ante o bo conxunto de Oleiros. A primeira parte foi moito máis traballada, ante un equipo local que puxo moita paixón no envite e un bo nivel competitivo. Aínda así, os cullerdenses marcharían ao descanso cunha cómoda vantaxe (17-22), pero sería no segundo tempo onde terminarían por finiquitar o encontro. Con só nove goles encaixados nos segundos trinta minutos (3 deles no últimos quince), o BM.Culleredo Remax Riazor sería dominador absoluto en todas as fases do xogo e terminaría por selar unha vitoria que lles permite avanzar con paso firme cara ao obxectivo do campionato galego.
Club BM.Atlántico: 26(17+9). Daniel González, Enmanuel García, Pablo Castiñeira, Pablo Pardo, Leo Rodríguez, Fabio Pasantes, Daniel Maceiras, Diego Carracedo, Enrique Núñez, Gonzalo García-Armero, Miguel Ángel Fdez, Diego Lema, Adrián Insua, Daniel Archilla.
BM Culleredo Remax Riazor : 41 (22+19). Hugo Diaz (P) , Marco González (P), Adrián Veira, Alejo Martínez, Atalo Bello, Josemi Martínez, Bruno Pardo, Hugo Rodríguez, Xoán Canedo, Aarón Blanco, Iván Sánchez, Nicolás Casal, Jorge Outón, Anxo Negreira, Roi Fdez, Antón Pérez.
Parciais cada 5 ‘: 4-4 / 7-5 / 11-8 / 16-11 / 20-15 / 22-17 / DESCANSO/ 24-18 / 26-21 / 30-23 / 34-23 / 38-25 / 41 - 26/ FINAL.
Colexiadas : Uxía Mariño e María Rosalía Astray.
Incidencias: Xornada 9ª da Liga Ouro Xuvenil masculino. Encontro desputado no pavillón Valle Inclán de Oleiros (A Coruña) ante un bo número de afeccionados cullerdenses que en todo momento animaron ao seu equipo.
