Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, RECUPERA O LIDERATO NUN PARTIDO VIBRANTE

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, recuperou o liderato da liga Ouro a penas unha semana despois de perdelo ante o Cisne Colegio Los Sauces. Os cullerdenses, disputaron un encontro de poder a poder ante o conxunto que chegaba líder invicto, o Federópticos Pereiro BM. Lalín e conseguiron os dous puntos despois de sesenta minutos vibrantes, repletos de tensión e incerteza. Os primeiros compases foron moi erráticos por parte dos locais, faltos de ritmo en ataque e con algúns desaxustes defensivos. O seu rival, non estaba a mostrar unha versión moito mellor e isto derivaba nun inicio irregular no xogo de ambos os conxuntos que reflectía tamén un marcador axustado (8-8 minuto 15). O BM.Culleredo Despreocúpate.es, iríase entoando co paso dos minutos, sacando rendemento na retagarda e atopando os camiños eficaces cara a gol no posicional. Así, cun 8-6 de parcial antes de chegar ao tempo de descanso, conseguiría unha ventaxa importante para a continuación (18-16).
No segundo acto, o equipo mostraría uns altibaixos perigosos. O primeiro, despois de cinco minutos imprecisos, axudaría aos dezáns para tomar vantaxe (20-21), aínda que os de Culleredo saberían reaccionar inmediatamente nun momento delicado e colocar a máxima renda do partido ao seu favor despois dun fantástico parcial de 6-1 (26-22). O encontro estaba agora de fronte para os intereses locais, pero unha enorme desconexión personificada nas precipitacións e falta de rigor táctico atacante, regalaba de novo o sorpaso aos de Lalín que devolvían o 1-6 de parcial e colocábanse agora un gol por diante nun máis que perigoso tramo final (27-28). O envite estaba no aire e non existía un equipo que tivera o dominio e o control do mesmo. Por sorte, unha vez máis, o equipo de Culleredo sobrepoñeríase rapidamente ao momento máis crítico do partido, adoptando a liña máis regular e resolutiva no binomio defensa - ataque para levarse os dous puntos en xogo que eleva de novo o equipo ata a primeira praza. Este liderato, terao que defender o BM.Culleredo Despreocúpate.es no último partido do ano a próxima fin de semana en Cangas ante o cuarto clasificado, a tan só dous puntos dos de Culleredo. Sen dúbida, unha competición apaixonante cos tres equipos que actualmente se instauran no podium da competición igualados a 14 puntos e o Pizzeria Baratto Luceros que os segue moi de cerca na cuarta praza con 12.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 37 (18+19). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Alejandro Soto, Teo Gómez, Isaac Lorenzo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Iván Gantes, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodríguez.

Federópticos Pereiro BM.Lalín: 34 (16+18). Joel Noche, Luis Martínez, Manuel Montoto, Martín Vázquez, Manuel Souto, Iago Alexandre Cuiña, José Alberto Canda, Brais Llinares, Sergio Sánchez, Sergio Novoa, Marco González, José Enrique Portas.

Parciais Cada5´: 2-3 / 4-6 / 8-8 / 10-10 / 14-12 / 18-16 / Descanso / 20-21 / 26-22 / 27-25 / 27-28 / 33-31 / 37-34 / Final.

Colexiado: André Pena e Jorge Sánchez.

Incidencias: Encontro correspondente á 8ª xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no polideportivo de Almeiras con excelente presencia de afeccionados de ambos os conxuntos e maravilloso ambiente de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *