Saltar ao contido

DERROTA DO SUTENOR COMPETINDO ATA O FINAL

O Balonmán Culleredo Sutenor víaxaba a Bueu para enfrontarse a un dos lideres da categoría xa que está empatado a puntos coa Sar de Redondela. Un encontro a priori moi complicado pero que o Sutenor tiña ilusión de ver ata onde podian chegar.

O encontro iniciou moi a favor das cullerdenses que saíron mentalizadas para ir paso a paso con plan do encontro . A nivel defensivo estaba a ser sólido e iso provocaba que os ataques estiveran pouco tensados, o resultado ía sendo a favor das cullerdenses con ventaxas de 2-3 goles . Só os fallos de lanzamento pero moi correctos despois de realizar un bo xogo colectivo e as accións individuais des xogadoras con superioridades antropométrica do Bueu facían empatar o encontro e incluso que o Bueu puxérase por diante no marcador un gol enriba para finalizar a primeira parte.

Resultado ao descanso : Atlético Bueu 14- Balonmán Culleredo 13.

Na segunda metade o Sutenor tivo un baixón no xogo sobre todo a nivel ofensivo onde estivo atrancado , os ataques ao centro da defensa non estaban a ser eficientes e pola contra o Bueu estaba a encontrar situación eficaces de cara o gol . O equipo local abría unha brecha longa e o Sutenor parecía descolgarse do encontro. Pero despois de dun mal momento de xogo o Sutenor volveu a encontrarse, subiu a liña defensiva e iso provocou erros no ataque local ,e na fase ofensiva o gol comezou a aparecer de novo ata encontrarse coa situación de estar a 1 gol a falta de 5 minutos para finalizar o encontro . Neste último tramo as imprecisións , os nervios e as frustracións xogaron unha mala pasada ao Sutenor que non soubo resolver estos minutos finais . Un parcial de 4-1 do equipo local deixaba sentenciado o encontro .

A niveis xerais o equipo estivo sólido , a primeira parte o Sutenor dominou a un rival que ata agora gañaba o seus partidos con amplíes vantaxes , isto dí moito do equipo cullerdense que quizás non puido soñar con algo máis por pequenos baixóns que momentos determinantes do encontro. Isto servirá de aprendizaxe de cara o futuro . Parabén polo encontro xa que se comezou competindo e se finalizou da mesma maneira , isto é o que se busca en primeira instancia así que hai que estar orgulloso do nivel competitivo amosado polas miniguerreiras do Balonmán Culleredo Sutenor.

Resultado final : Atlético Bueu 28 - Balonmán Culleredo 23.

Atlético Bueu: Uxía Sotelo , Ainhoa Blanco , Violeta Miranda, Ainhoa Piñeiro, Laura Iglesias, Marina Torres, Daniela Pazos, Carlota de la Torre, Maria Canosa, Alexandra Rios, Ana Márquez

Balonmán Culleredo Sutenor: Helena Portas , Elena Aneiros, Uxía Seona, Sofía Orge, Aldara Allegue, Aroa Bestilleiro, Noa Otón, Aitana Gestal , Celia González, Sara Villar.

Parciais cada 5`: 2-3/4-6/7-9/10-10/14-13/17-13/20-13/22-17/24-22/28-23.

Árbitros: Ainhoa Rodriguez, Anxo Barca.

Incidencias: Xornada 8 da liga infantil femenina liga Ouro , disputada no pavillón municipal de Pablo Herbello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *