
O Fisioterapia Benestar xogaba esta xornada ante o Balonmán Xallas de Santa Comba, onde dende o inicio do encontro levou a iniciativo asertivamente. Primeiro cerrando a porta a nivel defensivo . A defensa 5:1 agresiva estaba a ter un bo resultado , xa que o equipo lograba non encaixar gol ata o minuto 8 da primeira parte. Mentres a nivel ofensivo mediante o bloque de permutas baixas e transicións con transformacións da primeira liña o resultado iase a un 1-14 nos primeiros 15 minutos.
A tónica foi a mesma durante a primeira parte, o Fisioterapia Benestar non baixou o ritmo e seguiu traballando o modelo de xogo. A intensidad non podía baixar pese ao resultado a favor, e así foi ata chegar ao descanso .
Resultado ao descanso: Bm Xallas 4- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 26.
Na segunda metade o equipo cullerdense cambiou a sistemática defensiva a un 6:0 onde o centro da defensa estaba a ser un fortín . O Xallas apenas conseguía situacións eficaces de gol , tan só lanzamentos lexanos achegaban o balón a porteria cullerdense.
Na fase ofensiva pararonse os contrataque es cambiou a dinánmica ofensiva para atacar a defensa 6:0 do equipo local , mediante cruces ou permutas altas,de xogo simple a complexo para poder seguir traballando as sistemáticas ofensivas propostas polo equipo visitante.
O resultado era o de menos, o importante era non baixar a intensidade a nivel defensivo e os cambios de ritmo a nivel ofensivo . Non se debe de perder a perspectiva do encontro pese aos resultado , hai un obxetivo que perseguir e para iso a concentración debe ser máxima , coma se estivo neste encontro . Parabéns pola dinámica dos adestramentos e do encontro nesta ocasión.
Resultado final: Bm Xallas : 6- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 36.
Carbónicas Landeira bm Xallas: Aitana Rey, Alison Caamaño, Sara Souto, Ariadna Filgueira, Catalina Yunda, Xiana Facal, Yasmin Gonzalez, Amanda Martinez, Isabella Boet.
Bm Culleredo FIsioterapia Benestar: Sara Fernández, Sofía Meijide, Lola Romero, Antía Ferreño, Alba Fernández, Claudia Soto , Rosalía Veiga, Carmela Erias, María Otero e Irene Rodriguez.
Parciais cada 5`: 0-5/1-10/1-14/3-17/4-21/4-26/4-30/5-31/6-34/6-38/6-42/6-45.
Árbitros: André Pena y Martina Regueiro.
Incidencias: Xornada 8 da liga cadete femenina da liga prata .
