Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO QUEDA SEN PREMIO DESPOIS DE PLANTAR CARA AO SEGUNDO CLASIFICADO.

(SM) BM Culleredo - Bueu Atlético Balonmán

O BM.Culleredo, quedouse novamente ás portas de conseguir algo positivo nun partido disputado de principio a fin ante un dos mellores conxuntos da categoría, neste caso, o Bueu Atl. Balonmán, segundo clasificado e un dos equipos que mellor balonmán expoñen neste grupo da primeira nacional. Os cullerdenses, que evidencian unha melloría semana a semana e están a disputar e competir todos e cada un dos encontros, ven reforzada a súa idea de proxecto de canteira grazas ao nivel que está a mostrar un grupo cunha media de 20 anos de idade e a perseveranza será clave para que os puntos queden na casa definitivamente. Nos últimos encontros, foron claves a xestión dos minutos finais, que privaron aos de Culleredo de sumar en positivo: erros non forzados, decisións puntuais ou, simplemente unha dose de infortunio, imposibilitaron que o equipo engadise puntos aos que xa ten na clasificación ligueira e que se puidese colocar nunha zona de menor risco. Neste contexto, o encontro desta xornada non foi moi distinto aos dous anteriores e o BM.Culleredo volveu plantar cara a outro dos equipos de enxunlla nesta primeira nacional. Nun partido vibrante e vistoso para a afección, ambos os conxuntos apostaron por un balonmán dinámico e veloz, mantendo unha igualdade extrema no primeiro acto (13-14). Xa na continuación e cando parecía que os visitantes podían dar un golpe de efecto definitivo (14-19), os cullerdenses volverían empolicarse ao envite e conseguirían levar as táboas ao electrónico para vivir un último cuarto de incerteza (21-21). Foron definitivos os últimos cinco minutos, onde a inferioridade numérica do BM.Culleredo reduce en gran medida as súas posibilidades e o Bueu Atl. Balonmán aproveitaría para conseguir un parcial de 0-2 que ao cabo terminaría por ser definitivo.

BM.Culleredo: 26 (13+13). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Alejo Martínez (3), Manuel López (1), Alejandro Gómez (8), Daniel González, Pedro Pereira, Darío Pérez (1), Josemi Martínez(1), Iago Ferreiro (4), Mario Bento, Nico Casal, Marco García (2), Nico Pérez, Nuno Loxo (6), Adrián Díaz.

Bueu Atl. Balonmán: 32 (14+18). Dani Fdez (P), Julio Ferreiro (P), Pablo Gándara (2), Mauro Bacelar, David Iglesias, Diego Lluque, Roque Arias (4), Brais López (4), José López (2), Andrés Bacelar (2), Sergio Munín, Vicente Domínguez (1), Dani Fdez, Rubén Augusto Gallego (2), Eloy Malvido (4), Adrián Suárez (11), Asier Cerqueira.

Parciais cada 5´: 1-3 / 4-6 / 5-7 / 6-9 / 9-11 / 13-14 / Descanso / 14-19 / 17-21 / 21-22 / 22-24 / 24-27 / 26-32 / Final. 

Colexiados: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.

Incidencias: 12ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío con gran numero de afeccionados que se desprazaron desde Bueu e comportamento exemplar de ambas as afeccións que animaron e vibraron cos seus equipos.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/339eYg8YNFZHKWT86

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *