
Tocáballes aos rapaces do Bm Culleredo Salume Cocinas afrontar nesta fin de semana unha dobre xornada, comezando co desprazamento a Lugo o sábado de mañá e xogando o domingo en Almeiras o encontro aprazado fronte ao Arteixo Bm.
Chegaban os nosos a Lugo moi motivados e preparados para enfrentarse a un dos equipos favoritos da competición, grupo que fai 2 anos desputaba unha Final Four. Con todo comezaban os nosos cunha defensa 5:1 moi profunda, na que conseguíamos freala velocidade do balón e xerar dudas na continuidade dos locais.
No ataque posicional estábamos a sufrir máis para encontrar un oco na defensa 6:0 local, con unha gran diferenza de kilos e centímetros. Sen embargo con ataques moi longos a partires de aperturas e permutas conseguíamos gañalas accións cara fóra, en penetracións dos nosos laterais en 1-2 ou lanzamentos dende os extremos. Co bo facer dos nosos chegábamos ao descanso soamente 2 goles por abaixo e coa sensación de que podíamos levarnos o encontro.
Na segunda parte tras un mal comezo conseguían os locais irse 5 goles arriba e os nosos comezaron a porse nerviosos e deixarse levar polas prisas, tomando decisións menos acertadas, todo isto acrecentado polo cansancio. Vaise o Salume Cocinas de Lugo cun resultado que sabe amargo por saber que poderíamos competir moito mellor, vendo o excelente 1º tempo que fixemos.
Na xornada do domingo comezaban o encontro os nosos moi relaxados, sobre todo a nivel defensivo, estando todos moi individualizados e afundidos. Non desaproveitaba o Arteixo esta situación, conseguindo anotar 16 goles nos primeiros 21 minutos. Reaccionaban os nosos e a mellora a nivel defensivo era evidente, cun só gol encaixado nos derradeiros 9 min antes do descanso e cun marcador de 26-17.
A segunda parte, cunha intensidade moito maior, foi dun control absoluto por parte do Salume Cocinas. A nosa defensa estaba a ser contundente e moito máis presionante, conseguindo recuperar numerosos balóns e saindo con facilidade en situacións de contraataque.
O noso ataque comezaba a ser moito máis claro ante a defensa 3:3 que prantexaban os visitantes, donde o único impedimento para aumentar moito máis a diferenza era a falta de atención á hora de lanzar, pisando en máis de 10 ocasións a liña da área. A pesares de todo moi bos 40 min finais do Salume Cocinas que sigue crecendo e mellorando a nivel competitivo cada día.
