
Recibían os rapaces do Bm Culleredo Climanosa este domingo aos líderes do Grupo B da Liga Prata, os veciños do Arteixo Bm.
Comezaba o encontro mal para os nosos, con unha gran falta de intensidade defensiva no inicio que nos facía ir 4 goles por debaixo no marcador ao pouco de comezar. Reaccionaban levemente os nosos, que conseguían frear agora sí as acometidas dos rivais. A defensa dos nosos, coa liña moi abaixo, permitíalles aos visitantes xogar preto da portería, tendo moitas dificultades para poder realizar axudas defensivas.
No ataque comezaban os nosos a dar máis velocidade ao balón e chegar a situacións claras de lanzamento, pero os nosos erros e as boas paradas do porteiro arteixán impedíannos acercarnos todo o que quixéramos, chegando ao descanso 6 goles por abaixo.
Nada cambiaba ao inicio da 2ª metade, chegando a estar 10 goles por abaixo a falta de tan só 18 minutos. Subíamos entón a liña defensiva, buscando unha maior presión, que comezaba a ser efectiva ante o cansancio dos visitantes, conseguindo sair en contraataques claros de forma contínua. No ataque estático o xogo 2x2 do noso pivote co lateral dereito, trala transformación do extremo dereito, comezaba a darnos éxito, conseguindo ou ben unha solución directa nesa zona ou arrastrala defensa visitante á zona dereita e sacalo balón á esquerda para finalizar con máis espazo.
Unha mágoa o resultado final para un Climanosa que mereceu nos derradeiros intres acadar polo menos un empate. Toca seguir traballando e esforzándose para poder competir de mellor forma e dende o inicio este tipo de encontros.
Bm Culleredo Climanosa: 26 (10+16) Jorge, Óliver, Anxo, Iván, Mauro, Fran, Pablo Fraguela, Hugo, Roi, Aarón, Nico, Pablo Cacheiro, Mario.
Arteixo Bm: 11 (9+2) Manuel, Pedro, Gabriel, Danny, Aitor, Anxo, Mateo, Yago, Daniel, Hugo, Kevin, Teo.
Árbitras: Paula Peteiro e Martina Regueiro.
Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada do Grupo B da Liga de Prata infantil masculina desputado nun Almeiras ateigado de público.
