Saltar ao contido

BO PARTIDO DO CANOSA ABOGACÍA

Canosa Abogacía visitaba o pasado sábado ao equipo do Bm Abegondo.

As rapazas do Culleredo iniciaban o encontro cun ataque irregular e pouco fluido ante a defensa 3:3 do Abegondo, a cal estaba a provocar moitas dúbidas coas distancias de cara á portería. Pouco a pouco o Abogacía comezou a atopar situacións claras de gol, algunhas logrando efectividade.

Na fase defensiva, cun sistema 6:0 o equipo estaba moi plano e aínda que estaba a ter éxito non conseguían interceptar balóns claves para a saída rápida en contraataque. A pesares disto lograban unha distancia de catro goles ao descanso.

Resultado ao descanso: Bm Abegondo Noroplaza 7 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 11.

Na segunda parte saíron máis concentradas e activas, pasando a unha defensa 5:1, onde se lograron moitas interceptacións e perdidas de balón das rivais que o Culleredo non dubidou en aproveitar. O ataque máis fluido, e seguindo o modelo de xogo, logrou que a diferenza fora máis abultada, a pesares de errar moitos lanzamentos.

Partido bastante regular no que as rapazas do Canosa foron practicamente todo o encontro superiores. Agora tócalles descansar e seguir traballando ata a fin de semana do 22 de decembro, onde se enfrontarán ao Bm Atlántico coma visitantes.

Forza Culle!

Resultado final: Bm Abegondo Noroplaza 14 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 24.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Adriana Vázquez, Aitana Gestal, Alba Sanmartín, Antía García, Cintia Míguez, Daniela Pérez, Eva Outon, Helena Portas, Luana Gómez, Martina Arroyo, Nadia Martínez, Noa Oton e Thais Villaverde.

Bm Abegondo Noroplaza: Arianna Castelao, Carla Barros, Carla Suárez, Carlota Fernández, Daniela Andrade, Elena Carro, Lorena Romero, Lucía Giménez, Noa Moar e Sara Moar.

Parciais cada 5´: 1-2/2-3/5-4/5-7/5-10/7-11/8-14/9-16/12-17/13-20/14-23/14-24.

Árbitros: Martina Regueiro e Víctor Pérez.

Incidencias: Xornada 7 da Liga de Prata cadete feminina (grupo A), disputada no Pavillón San Marcos, en Abegondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *