
DISICLÍN BALONMÁN LALÍN - BALONMÁN CULLEREDO
O BM.Culleredo evidencia semana a semana un crecemento claro e leva xa varias xornadas competindo contra todos os seus rivais, pero adoece, en ocasións, como a desta fin de semana en Lalín, dun pouco máis de pausa para xogar eses instantes finais de forma exitosa e que iso lle reporte os tan necesitados puntos para ascender na táboa clasificatoria. Nun partido que non foi o mellor por parte de ambos os conxuntos, o BM.Culleredo tivo outra boa oportunidade de puntuar, pero cando todo lle favorecía a falta de tres minutos para a finalización, cun máis, xogando para poñer as táboas no marcador, os cullerdenses caerían nunha serie de erros non forzados que os afastaba nun instante de sacar algo positivo. Anteriormente, os dous conxuntos ofreceran un encontro irregular, cuns primeiros quince minutos de bo ritmo e con accións destacables, pero cuns corenta e cinco restantes erráticos e moi trabados en ocasións. Os locais, que dominaran con parciais entre un e tres goles, vían como nos instantes finais os de Culleredo achegábanse perigosamente e dispoñían de balón para igualar a contenda. Foi nese momento cando as imprecisións e precipitacións dos cullerdenses enterrarían as posibilidades de puntuar debido a erros graves e os puntos quedarían en poder dos dezáns.
Disiclín Balonmán Lalín: 28 (17+11). Marcos Vázquez, Juan Enrique Lago (5), Brais Cangado, Adrián Crespo (1), Martín Losón (4), Miguel García, Pablo López (2), Miguel López (2), Roi Sierra (5), Xosé Cuiña, Alejo Varela (1), Iago González, Pedro Toimil (6), Adrián Ferradás, Breixo Pereira (2), Víctor Hidalgo.
BM.Culleredo: 25 (15+10). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Alejo Martínez (2), Manuel López (4), Alejandro Gómez (5), Marcos Regueiro, Daniel González, Darío Pérez (5), Iago Ferreiro (4), Mario Bento, Nico Casal, Marco García, Nico Pérez, Nuno Loxo, Adrián Díaz (1), Pedro Pereira (4).
Parciais cada 5´: 2-1 / 5-3 / 8-5 / 11-9 / 13-12 / 17-15 / Descanso / 19-16 / 21-19 / 22-19 / 23-21 / 26-24 / 28-25 / Final.
Colexiados: Sergio Pintado e José Manuel Chacón.
Incidencias: 11ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no Lalín Arena cunha boa entrada.
Fotos do encontro:
