
O BM.Culleredo Remax Riazor, deu un paso de xigante cara ao seu obxectivo polo campionato galego ao vencer no derbi ao Montaxes Carballo Xiria e avantaxar xa en sete puntos ao conxunto bergantiñán. Os cullerdenses, que lideran a clasificación, contan os seus partidos por vitorias e distáncianse do segundo posto en tres puntos e do terceiro en seis (cun partido menos).
Hai que dicir que o derbi desta fin de semana pasada non foi o derbi ao que nos tiñan afeitos ambos os equipos noutras categorías, un enfrontamento entre os dous máximos favoritos ao título que sempre deparaba un ambiente de balonmán fantástico e onde o nivel, sempre de altura, ía acompañado de incerteza e tensión polo resultado final. Nesta ocasión, o encontro resultou descafeinado debido ás múltiples baixas en ambos os conxuntos, especialmente nos visitantes e os cullerdenses, dominaron con comodidade sen empregarse a fondo e con múltiples rotacións. O BM.Culleredo Remax Riazor, comezou con boa disposición defensiva e facendo dano no posicional co xogo entre a primeira liña e o pivote. Algún contraataque en primeira onda tras recuperación, aumentaban as diferenzas no electrónico que se situaban entre os catro e cinco goles, obrigando ao técnico bergantiñán a solicitar o seu primeiro tempo morto. Ás xa consabidas baixas, sumábanse unha por cada bando: a de Diego Mourelle polo conxunto de Carballo (escordadura de nocello) e a de Samuel Seijas nos locais (microrotura de fibras en abdutor). O partido vagaría entón por unha zona onde non habería que moito que destacar e así se chegaba ao termo do primeiro acto, cun 19-16 favorable ao conxunto de Culleredo. No segundo tempo, o BM.Culleredo Remax Riazor aumentaría un punto a súa intensidade defensiva e aos poucos iría incrementando a distancia con respecto ao seu rival. Con oito goles encaixados en vinte minutos, pecharía virtualmente o envite, cando o marcador reflectía xa unha diferenza de sete goles (31-24). A maior posibilidade de rotacións dos locais, terminarían por completar o obxectivo final ante a fatiga que a cada paso se facía máis evidente na de xa por si mermada primeira liña do Montaxes Carballo Xiria e o BM.Culleredo Remax, conseguía así unha vitoria vital para as súas aspiracións que ademais lles dá unha marxe de erro en futuros enfrontamentos.
BM Culleredo Remax Riazor : 38 (19+19). Hugo Diaz (P) , Marco González (P), Adrián Veira, Alejo Martínez, Atalo Bello, Josemi Martínez, Bruno Pardo, Hugo Rodríguez, Samuel Seijas, Xoán Canedo, Aarón Blanco, Iván Sánchez, Nicolás Casal, Jorge Outón, Anxo Negreira, Roi Fdez.
Montaxes Carballo Xiria: 17(7+10). Samuel Soneira (P), Antón Pardiñas (P), Diego Mourelle, Marcos Varela, Brais Suárez, Nicolás Cancela, Álvaro García, Simón Viña, Andrés Pombo, Daniel Periscal, Maxi Díaz, Jorge Rodríguez.
Parciais cada 5 ‘: 4-2 / 7-5 / 11-7 / 14-11 / 16-14 / 19-16 / DESCANSO/ 22-18 / 25-20 / 28-22 / 31-24 / 36-25 / 38 - 29/ FINAL.
Colexiados : Pablo Torreiro e Martina Regueiro.
Incidencias: Xornada 8 da Liga Ouro juvenil masculino. Encontro desputado no municipal de Almeiras ante un bo número de afeccionados de ambos os conxuntos.
Fotos Do Encontro:
