
O Baía Edicións desprazábase a Cañiza para desputar un novo encontro de liga regular. Comezaba a segunda volta do grupo A. Na ida o equipo cullerdense foi moi superior e agora quedaba ver de que eran capaces neste partido de volta.
O encontro comezaba excelentemente para o Baía Edicións que nos primeiros 5 minutos gañaban 0-5 , pero despois dun tempo morto do equipo local , o marcador practicamente igualaríase . Lanzamentos errados e pérdidas de balón en ataque facían aproximar ao equipo local . O Culleredo reaccionou e comezou de novo a tomar lixeiras vantaxes atacando moi ben a defensa 6:0 mediante situacións colectivas e estando moi atinadas e moi xuntas no bloque 6:0 a nivel defensivo .
Resultado ao descanso : Bm Cañiza 11 - Bm Culleredo Baía Edición 15.
A segunda metade moi moi regular por parte dos dous equipos e ni o Cañiza aproximouse para encontrar o empate e nin o Baía Edicións puido romper o encontro , a diferencia de 4 e 3 goles foi constante . O equipo cullerdense estivo moi atinado a nivel defensivo globalmente , parado os ataques rápido do equipo local e controlando a situacións no centro da defensa.
Na faceta ofensiva o xogo era claro , ainda que se tiveron moitas pérdidas por estar en momentos moi estáticas ante a presión par da defensa local .
Bó encontro do Baía Edicións que está a ter un campionato moi regular a nivel cometitivo , agora toca dar un pasiño máis para preparar o partido ante o Tui , e poder obter dous puntos importantes dentro de dúas semanas. A competición volve a parar para dar un descanso antes do parón navideño .
Resultado final: Bm Cañiza 24 - Baía Edicións bm Culleredo 28
Bm Cañiza:Zaira Castro, Eire Gonzalez, lucia Pereira, Marola Pérez, Nohara Vázquez, Valeria Carreira,Carla Miguelez, Daniela Carrera, Daniela Rodriguez, Lola Rodriguez.
BM Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Leire Barbeito, Lucía Cortegoso, Carla Muiño, Carmela Erias, Antía Ferreño , Paula Peteiro, María Bescansa, Lúa Fernández, Carla Corral., Lola Romero y Rosalía Veiga
Bm Cañiza: 0-5/3-5/6-8/7-10/10-10/11-15/14-17/16-20/16-20/23-26/22-26/24-28
Árbitro: Julio Villanueva
Incidencias: Xornada 9 da liga prata xuvenil femenina do grupo A.
