
O Balonmán Culleredo Sutenor desprazábase a Lalín para disputar un dos encontros craves neste campionato. A nosas viaxaban concienciadas da perigosidade do rival e do seu potencial a nivel defensivo , para iso o plan estaba trazado para poder loitar coas súas armas.
O encontro comezaba con certa supeioridade do Sutenor puidendo superar a defensa pechada 6:0 mediante lanzamentos en penetración ou dende o extremo , o xogo colectivo estaba a funcionar e o equipo cullerdense tiña pequenas ventaxas no marcador. Mentres na fase defensiva pese a encaixar goles, as defensas cullerdenses eran máis estables e a busqueda do gol faciaselle moi longa o Lalín pese a iso non se desprendía do electrónico..
Nos últimos 10 minutos da primeira parte o Sutenor logrou enlazar unha boa serie de accións positivas e eficientes que deron unha ventaxa de 4 goles para chegar o descanso cun bó colchón para afrontar a segunda metade.
Resultado o descanso: Upi informática Bm Lalin 10 - Bm Culleredo Sutenor 14.
Na segunda metade o plan a nivel ofensivo seguía vixente a organización e a disciplina estaba presente ,cos seus acertos e cos seus erros pero o equipo sabía perfectamente cal eran as situacións de xogo para poder superar a defensa pechada do equipo lalinense que non encontraba a crave para deter o ataque do Sutenor . Os lanzamentos dende os extremos, a situacións de xogo co pivote estaba a dar u quebradeiro de cabeza ao Lalín . Pero realmente a chave do encontro estivo a nivel defensivo ,o Sutenor elevou o grado a nivel defensivo e grazas a un esforzo de intensidade, concentración, anticipación pero sobretodo de solidaridade o equipo cullerdense sói recibía 2 goles nos últimos 15 minutos. O Sutenor seguía a o seu no ataque e incluso permitíase fallar lanzamentos claros a portería rival , pero quizáis iso non preocupaba xa que na fase defensiva o equipo estaba sólido polo tanto os erros en ataque compensábanse na defensa.
Partido moi serio do Sutenor que logra aventaxar en 4 puntos a os seus rivais directos pola loita da terceira praza. Os adestramentos están a dar o seu fruto pouco a pouco e esta e unha victoria de todas xa que todas son as que entrenar diariamente para conseguir uns obxetivos en común . Gran esforzo e sobretodo gran serenidade a hora de xogar o plan do encontro , Noraboa.
Resultado final: Upi Informática Bm Lalín 21 - Bm Culleredo Sutenor 28
Upi informática Bm Lalín: Claudia Munin, Alba Valladares, Lía Souto, Candela Gutierrez, Alba Cagide, Marina Couto, Daniela Gonzalez, Martina Granja, Martina Wolfswinkel, Eva Taboada.
Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aora Bestilleiro, Aldara Allegue, Noa Otón , Aitana Gestal, Celia Gonzalez, Sara Villar, Sofía Orge y Uxía Seoane.
Parciais cada 5`: 2-3/5-6/8-9/10-14/15-17/18-20/18-23/19-25/21-28
Árbitro: Diego Rivera.
Incidencias: Xornada 7 da liga de ouro infantil femenina disputada no Lalín Arena.
