Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, DESPERDICIA UNHA OPORTUNIDADE DE OURO ANTE O CISNE

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, chegaba a esta xornada número 7 da liga Ouro en categoría cadete como líder invicto e recibía ao Cisne Colegio Los Sauces de Pontevedra, outro dos aspirantes ao título, co obxectivo ambicioso de que os dous puntos quedasen en Culleredo. Era unha oportunidade de ouro para distanciarse máis de un rival directo, que ademáis chegaba a Culleredo ca baixa de Xoel, un xogador trascendental para eles. O equipo cullerdense, entrou de maneira inmellorable no encontro, obrigando ao técnico visitante a solicitar o seu primeiro tempo morto ao verse desbordado en todas as fases do xogo polo bo facer dos locais, que se adiantaban 5-1. Unha leve reacción dos pontevedreses, conseguiría igualar en sensacións o envite e tamén o electrónico, reducindo a diferenza ata os dous goles (11-9). Unha inferioridade numérica dos cullerdenses, sería a clave para que os cineistas lograsen un parcial de 0-3 e se adiantasen no marcador cando se superaba o meridiano do primeiro acto e, o que é peor, para que o BM.Culleredo Despreocúpate.es se fose diluíndo de modo esaxerado, tanto na súa retagarda como no posicional, chegando a encaixar un 1-9 de parcial co que vitualmente se escaparía a vitoria. Toda a intensidade e a solidaridade ca que funcionara a defensa cullerdense nos primeiros quince minutos, desaparecía bruscamente e nin en 6:0 nin en 5.1 os xogadores conseguían maniatar o ataque rival. As axudas eran inexistentes, a basculación e profundidade defensivas deficitarias e o traballo colectivo desaparecía para ofrecer grandes espazos aos xogadores do Cisne e favorecer tanto os seus lanzamentos como a continuidade e as penetracións. En ataque, o panorama tamén se tornaba escuro, con numerosos erros acumulándose polas precipitacións individuais que poñían en bandexa o encontro aos intereses do Cisne Colegio Los Sauces. O equipo entraría en barrena e abandonaría por completo o aspecto colectivo, dando as costas ao modelo de xogo instaurado e ao plan de partido, entrando nunha falta de disciplina táctica que mesmo ameazaba un resultado final avultado. No posicional, a idea táctica de atacar detrás das costas dos exteriores rivais que ameazaban sempre ao impar, a importancia do xogo sen balón dos laterais e a de dar continuidade cara a esas zonas abertas, antollábase esencial, así como a de colocar detrás dos seus exteriores, nesa situación entre 1 e 2 ao pivote. Dese xeito e segun o plan de partido, estabao a aplicar o equipo nos primeiros compases ata esos instantes de desconexión táctica. Dende logo, o que se debía de evitar eran os lanzamentos na zona defendida polo bloque central dos pontevedreses, algo que os visitantes buscaban, sabedores da sua maior antropometría e superioridade física. O BM.Culleredo Despreocúpate.es, sumiríase entón no descontrol e o abandono dese rigor táctico tan nidispensable, caendo na trampa do xogo individual e chocando unha e outra vez con ese muro central do equipo da cidade do Lérez. Este coctel de imprecisións e precipitacións nas fases de xogo de ataque, unidas á inoperancia defensiva, puxo en bandexa a vitoria ao Cisne Colegio Los Sauces, que virtualmente deixaba sentenciado o encontro ao termo dos primeiros trinta minutos (15-21). Efectivamente, na continuación, os cineistas souberon controlar o ritmo do partido ao seu antollo e administar esa cómoda vantaxe para terminar por levarse os dous importantes puntos en xogo. O BM.Culleredo Despreocúpate.es, continuaría caendo nos mesmos erros, tentando a remontada máis por corazón e ímpeto que por buscar as solucións tácticas adecuadas e iso derivou nun parcial favorable (16-14) nos segundos trinta minutos que sería insuficiente para conseguir a vitoria. Desta forma, os de Culleredo perden o liderado en favor do Federópticos Pereiro Lalín e ocupan a segunda praza empatados a puntos co Pizzería Baratto Luceros de Cangas e o Cisne Colegio Los Sauces respectivamente.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 31 (15+16). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Isaac Lorenzo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodríguez, Teo Gómez.

Cisne Colegio Los Sauces: 35 (21+14). Hugo Carreira, Manuel García, Nicolás Otero, Adrián González, Gael Fdez, Manuel Eirín, Luis Montoya, Marco Quintáns, Iago Adelaide, Carlos Redondo, Guillermo Candeira, Sergio Carballo, Matías Gestido, Martín Montes, Bruno Gómez, Ignacio Maceiras.

Parciais Cada5´: 5-2 / 7-6 / 11-9 / 11-13 / 12-18 / 15-21 / Descanso / 15-23 / 19-25 / 20-28 / 23-30 / 27-31 / 31-35 / Final.

Colexiado: Pablo Barreiro.

Incidencias: Encontro correspondente á 7ª xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no polideportivo de Almeiras con excelente presencia de afeccionados de ambos os conxuntos e maravilloso ambiente de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *