
Na mañán do Sábado disputouse a 7° xornada da Liga Prata xuvenil.Un encontro no que a diferencia entre os 2 equipos notouse dende moi pronto, o equipo santiagués con poucos efectivos non puido aguantar o ritmo do equipo culleredense.A defensa local con repetidos roubos de balón,conseguía sinxelos goles ao contragolpe.Xa no descanso o marcador amosaba un abultado 22 a 5.
Despois do paso polo descanso , o partido segiu a mesma tónica da primeira metade.
Partido cómodo para os cullerdenses que desta vez si que xogaron con moita seriedade a pesares da diferencia no marcador.
Balonman Culleredo Galaico Caravaning : 47(22+25). Marc,Adrián, Iago,Jairo,Víctor,Mateo,Antón,Hugo,Roi,Fabián,Félix,Lucas,Álvaro,Anxo e Pablo.
Balonmán Ribadosar:16(5+11).Zoltan Endre,Pedro,Miguel,Mateo,Erik,Aires,Xulián,Mateo,Gonzalo,Tristán.
Colexiados: Martina Regueiro.
Incidencias. 7° Xornada da Liga prata disputada no pavillón de Tarrio ante un bo número de afeccionados locais.
