Saltar ao contido

PARTIDO CON ALTIBAIXOS DO CANOSA ABOGACÍA

O Canosa Abogacía recibía o pasado domingo ao Bm Brigantium Nunegal.

O partido comezaba cun Canosa Abogacía que parecía con ganas de levarse os dous puntos, pero tras fallar unha serie de accións en ataque e cometer varios erros defensivos, resultado das malas vasculacións, a actitude das rapazas do Abogacía cambiou, neste intre podía apreciarse unha desconcentración xeralizada, pasando a un xogo individual e precipitado ante a defensa 6:0 do Brigantium.

As rivais non dubidaron en tratar de aproveitar eses erros máis non estiveron acertadas a hora da finalización.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 13- Bm Brigantium Nunegal 10.

No inicio da segunda metade o cambio de actitude das nosas rapazas fixo posible amosar un mellor xogo, máis claro e colectivo, puidendo xerar claras ocasións de gol para coller certa vantaxe no marcador. Esto non houbera sido posible sen a actitude defensiva que acadaron, a pesares de non ser a defensa 5:1 coa que máis comodas están, a continua comunicación e o esforzo que realizaron fixo posible roubar unha serie de balóns importantes e impedir que as rivais finalizaran con facilidade, sobre todo na zona central da defensa.

Noraboa pola vitoria e a mellora con respecto a primeira parte. Agora toca seguir traballando e rematar esta primeira volta da mellor maneira posible.

Forza Culle!

Resultado final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 30 - Bm Brigantium Nunegal 21.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Helena Portas, Daniela Pérez, Sara Villar, Sara Bello, Cintia Míguez, Thais Villaverde, Aldara Piñeiro, Martina Arroyo, Alba Sanmartín, Celia González, Luana Gómez, Simona Seo, Adriana Vázquez, Nadia Martínez e Antía García.

Bm Brigantium Nunegal: Daniela Gallego, Daniela Mato, Sara Leis, Laura Sobrino, Aroa Cosme, Uxía Ameijenda, Valeria Ameijenda, Marta Castro, Alejandra Gallego, Elba Belmonte, Noelia Gregori, Sofía Franco, Lidia Ventureira, Candela M. García.

Parciais cada 5´: 1-0/4-1/6-3/8-6/10-7/13-10/16-11/18-11/21-14/24-16/27-20/30-21.

Árbitros: André Pena e Jorge Sánchez.

Incidencias: Xornada 6 da Liga de Prata cadete feminina (grupo A), disputada no Pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *