
O Ascor Consulting recibía o pasado domingo ao Bm Brigantium Nunegal no que sería o último partido desta primeira volta.
O encontro comezaba cun bo e rápido ataque das nosas nenas, máis con dificultades defensivas ante un equipo pouco posicional. A medida que avanzaban os cuartos comezaron as presas e iso levou ás do Ascor a perder varios balóns en malos pases ou erros de lanzamento, aínda que por outra banda, en defensa se estaba a traballar mellor.
Non foi ata o último cuarto cando xogaron máis tranquilas e conseguiron concentrarse. Neste periodo puidemos apreciar un mellor traballo colectivo a hora de atacar, o que lles permitiu xerar mellores ocasións de gol que non dubidaron en aproveitar.
Agora toca disfrutar desta primeira vitoria para as nosas nenas de alevín 7 e seguir traballando.
Forza Culle!
Resultado final: Bm Culleredo Ascor Consulting 10- 6 Bm Brigantium Nunegal.
Bm Culleredo Ascor Consulting: Ana Penelas, Andrea Muñoz, Daniela Manteiga, Jockairys Rodríguez Lucía Peña, Mariña Garaboa, Olivia Pan, Paula Gándara, Sabela Lamas, Vera Rodríguez.
Resultado por cuartos: 3-2/2-4/5-3/5-2.
Árbitros: André Pena e Jorge Sánchez.
Incidencias: Xornada 5 da Liga Alevín Mixta, Grupo A Norte, disputada no Pavillón Municipal de Almeiras.
