Saltar ao contido

Os nosos alevíns continúan a crecer

Afrontaban os nosos 2 equipos alevíns os seus encontros desta xornada no Pavillón de Almeiras, chegando dunha boa semana de traballo.

O Bm Culleredo Canedo, mediríase ao Balonmán Xallas nos postos altos da táboa clasificatoria, cuns visitantes que viñan de gañala maior parte dos seus encontros. Saltaban os nosos moi concentrados ao campo, facendo uns 3 primeiros cuartos donde amosaron un moi bo nivel defensivo, mantendo sempre a súa posición e traballando de forma maxistral na desposesión do balón e nas interceptacións. As ansias dos nosos por axustalos lanzamentos levábaos a mandar moitos deles ao pau, síntoma de que as cousas van ben, xa que saben donde queren localizalo lanzamento e están moi preto de conseguilo.

Un derradeiro cuarto no que o cansancio e a relaxación se fixeron notar, chegamos a ir 1-3 perdendo, pero conseguiron reaccionar a tempo e gañar ese derradeiro cuarto co que cerraban esta primeira volta da competición nun moi bo momento de forma.

BM CULLEREDO CANEDOBALONMÁN XALLAS
1º CUARTO2º CUARTO3º CUARTO4º CUARTO
7-29-410-15-4
RESULTADO FINAL:12-4

Tralo moi bo encontro dos nosos rapaces do Apartamentos Turísticos Beltane en Ribeira, afrontábamos un encontro que sería moi diferente nesta xornada. Facíase notar a falta de concentración nos 1º cuarto, cun gran número de perdas de balón sen sentido e desaxustes defensivos contínuos, que nos deixaban sen premio ante un moi bo Xiria. O segundo cuarto seguiría na mesma liña, cun equipo completamente despistado e un Xiria moi intenso. Chegaba entón a reacción dos nosos, cun 3º cuarto moi bo, con moito máis xogo sen balón e donde soamente os erros de lanzamento nos impedían sumar unha vitoria. No derradeiro, cun Bm Culleredo Apartamentos Turísticos Beltane moito máis enchufado conseguiríamos levarnos unha merecida vitoria á reacción dos nosos. Partido de menos a máis que nos serve como aprendizaxe para futuros encontros.

BM CULLEREDO APARTAMENTOS TURÍSTICOS BELTANEHOTEL PENSUA PUNTA DEL ESTE XIRIA
1º CUARTO2º CUARTO3º CUARTO4º CUARTO
4-73-107-97-6
RESULTADO FINAL:6-10

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *