
Difícil desprazamento o que afrontaban os nosos infantiís do Bm Culleredo Óptica Gallaecia este domingo, visitando a pista do Garaysa Xiria “A”, un dos favoritos a loitar por todo nesta tempada.
O comezo do encontro era moi malo pola nosa parte, con 4 perdas de balón nos primeiros 5 minutos que non desaproveitaban os locais e que rápidamente se poñían 6-1. Con este marcador o partido xa se poñía moi compricado, pero os nosos non perderon a cara e comenzaron a axustarse en ataque, conseguindo sacar un gran rédito das relacións 2x2 cos nosos pivotes. A nivel defensivo faltaba activala cadea de axudas, con un Óptica Gallaecia moi individualizado e que sufría moito nos 1x1 ante a evidencia diferenza física na maioría de emparellamentos. O resultado ao descanso sería de 26-19, un marcador moi largo que evidenciaba a fraxilidade defensiva de ambos equipos no encontro.
Comezaba a segunda parte e parecía que o Óptica Gallaecia comezaba a recortar, chegando a poñernos a tan só 4 goles, pero os despistes defensivos e os nervios de ver cada vez máis difícila remontada empezou a xerar caos, cun ataque moito máis desordeado e comezando a xogar de forma contínua sobre o bote. A tensión do encontro comezaba a levarnos a tomar malas decisións e o Xiria conseguiría aumentala diferenza rematando o encontro cunha diferenza de 10 goles.
Un día máis de aprendizaxe para os nosos rapaces do Óptica Gallaecia, que sen dúbida son quen de competir con calquera, o tempo daranos a experiencia necesaria para mantela concentración durante todo o encontro e loitar por puntos compricados coma os desta fin de semana.
Garaysa Xiria “A”: 44 (26+18) Gael, Marco, Andrés, Román, Roi, Rodrigo, Lucas, Gonzalo, Sergio, Quintín, Brais, Héctor.
Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 34 (19+15) Sebastián, Xurxo, Samuel, Jacobo, Pablo, Antón, Javier, Aitor, Carlos, Aarón e Hugo.
Árbitras: Daniela Suárez e Allison Caamaño.
Incidencias: Partido correspondente á 6ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.
