Saltar ao contido

ENCONTRO SERIO DO FISIOTERAPIA BENESTAR PARA CONSEGUIR O LIDERATO EN SOLITARIO

O Fisioterapia Benestar encaraba este domingo o encontro máis importante desta fase do grupo A, un encontro onde xogábase o liderato . Enfronte un bó equipo como é o Grupo Lemaco B Xiria que ata agora non coñecia a derrota e as victorias que obtivo foron bastante contundentes.

Pero o equipo culleredense viña concienciado e sabia o que se xogaba neste encontro , para iso o nivel defensivo no sistema 6:0 foi alto , e nos primeiros 5 minutos non encaixaba gol , estes inicios de encontro marcan unha tendencia e así foi , tan só 6 nos primeiros 15 minutos.

Na fase ofensiva ante a defensa 5:1 do equipo local , o equipo estaba a responder mediante transformacións da primeira liña o ataques directos a espalda da avanzada, isto estaba a sacar rédito a nivel ofensivo , pese a os fallos de lanzamentos, a diferencia ao descanso foi de 5 goles pero puido ser moito máis, hai que seguir precisando os lanzamentos de cara a portería rival.

Resultado ao descanso : Xiria Grupo Lemaco B 10 - Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 15.

Na segunda metade o Fisioterapia Benestar pese a que tivo boas sensacións co sistema 6:0 , cambiou radicalmente e propuxo un sistema 5:1 agresivo para buscar máis as imprecisións no ataque local e así poder recuperar rápidamente o balón. E así foi , numerosas recuperacións de balón que rápidamente eran pérdidas de novo pola mas xestión dos contrataques. Aínda así novamente 6 goles nos primeiros 15 minutos facián que o Fisioterapia Benestar rompera o marcador e alexábase a 9 goles de distancia.

A dinámica defensiva seguía a propiciar numerosos roubos e contrataques directos e na fase ofensiva a nivel estático o ataque directo entre as liñas da defensa local estaba a ser un éxito .

Bó encontro a niveis xerais ainda que queda moito que traballar , estamos no camiño pero é agora cando non toca relaxarse. Noraboa pola seriedade e concetración obtida neste encontro importante ao liderato deo grupo A.

Resultado final: Xiria Grupo Lemaco B 22- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 33.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar:Sara Fernandez, Sofia Meijide, María Otero,Alba Fernández, Antía Ferreño, Rosalía Veiga,Lola Romero, Carmela Erias, Claudia Soto, Noa Otón y Aitana Gestal.

Xiria Grupo Lemaco B :Sara Trigo, Aroa Lista, Mara Vidal, Fátima Varela, Ines Cabeza, Lara Varela, Sara Pallas, Noa Caamaño, Lucía Castiñerias,Zahira Longueira.

Parciales cada 5`: 0-3/3-6/8-10/8-13/10-15/10-16/12-21/16-25/17-26/21-30/22-33

Árbitros: Daniela Suárez, Alisson Caamaño.

Incidencias: Xornada 6 da liga prata feminina do grupo A , disputado no pavillón Ceip Fogar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *