Saltar ao contido

UN IRREGULAR SUTENOR LEVASE A VICTORIA

Sexta xornada da liga Ouro onde o Sutenor recibía ao Csine de Pontevedra. Un equipo pontevedrés que non está a ter un bó inicio a nivel de resultados ainda que propón un bó xogo.

O Sutenor saía concentrado no incio de encontro , e xa no minuto 10 abría unha diferencia de 7 goles, para poder levar o encontro moito máis tranquilo , pero nos ultimos 10 minutos unha desconexión tanto a nivel defensivo e a nivel ofensivo tendo moitas pérdidas de balón o equipo encaixaba 8 goles, no que o Cisne reducía a distancia a 4 goles no electrónico.

O xogo estaba a ser estático non habia agresividade ofensiva , e isto estábase a pagar no resultado .

Resultado ao descanso Bm Culleredo Sutenor 16- Bm Cisne 12.

Na segunda metade o Sutenor volveu a carga e conseguía distanciarse de novo grazas a un esforzo a nivel defensivo moi grande , con moitas axudas e interceptacións. Na fase ofensiva conseguíanse moitas situacións de gol eficaces co xogo sen balón .

Co paso dos minutos o Sutenor volveuse a bloquear a nivel ofensivo e as situacións de xogo estático e pouca agresividade volveríanse a suceder. Nesta ocasión o Cisne propoñia unha defensa 5:1 moi pechada deixando lanzar aos extremos que non tiveron o seu día na efectividade , isto pouco a pouco se foi pagando,aínda que grazas ao traballo defensivo iase equilibrando os erros no ataque.

Victoria ante o equipo Pontevedrés pero moita irregularidade no encontro . Hai que sair ao 100% e hai que intentar ser protagonista sempre, non podemos sair a pista e mirar a haber que pode ocurrir , temos que tomar a rendas das situacións para poder seguir mellorando coma equipo .

Noraboa pola victoria pero agora toca o balonmán Lalín , un equipo moi forte que quere a terceira praza como obxetivo.

Forza culle.

Resultado final : Bm Culleredo Sutenor 26- Bm Cisne Omma Arquitectura 20.

BM Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Aldara Allegue,Salma Martinez,Aroa Bestilleiro, Sara Villar, Aitana Gestal, Noa Otón , Celia González, Uxía Seoane y Sofía Orge.

Bm Cisne: Ines de Sola, Valeria Reguera, Catalina Mata, Carla de Sola, Sophie Rodriguez, Irene Gay, Paula Lago, Carmen Picallo, Lucía Monteagudo, Iria Romero.

Parciais cada 5`: 6-1/9-2/12-4/13-9/16-12/21-13/22-16/24-17/25-18/16-20

Árbitros:Jorge Sánchez

Incidencias. Sexta xornada da liga de Ouro infantil femenina, disputada no pavillón municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *