Saltar ao contido

A XUVENTUDE DO BM.CULLEREDO, A PIQUES DE SORPRENDER A VETERANÍA DO LIRÓN TEUCRO

(SM) BM Culleredo - Lirón Teucro 80 Aniversario

Nun encontro vibrante, apaixonante e con todos os ingredientes dun espectáculo vistoso e entretido, o BM.Culleredo estivo a piques de sorprender e poder impoñerse a todo un histórico do balonmán nacional como o é o conxunto da S.D.Teucro. No contexto e as circunstancias que se deron no partido desta xornada, enfrontaríase a xuventude insultante do BM.Culleredo coa experiencia e veteranía dun equipo profesional e semiprofesional como o Lirón Teucro 80 Aniversario. Con catro xogadores en idade xuvenil, tres recentemente superada esta etapa e varios roldando os vinte anos, os cullerdenses reduciron á mínima expresión as diferenzas que se poderían intuír nun primeiro instante entre ambos os conxuntos e superaron as expectativas con fartura, competindo e danto un nivel sobresainte ata o asubío final. O equipo mostrouse intenso, serio e solidario en tarefas defensivas e disciplinado e concentrado para non desviarse do plan de partido. O resultado foi un encontro apaixonante que mantivo a incerteza ata o instante final e que os visitantes acabaron celebrando cun parcial de 16-18 ao descanso e 15-15 no segundo acto para levarse os dous puntos cun axustado 31-33 final. O resultado deixa ese sabor amargo ao non conseguir unha fazaña que estivo moi preto, pero á vez, unha satisfacción indescritible por observar insitu o crecemento destes mozos formados, na súa maioría, na canteira do BM.Culleredo.

BM.Culleredo: 31 (16+15). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Alejo Martínez, Manuel López, Alejandro Gómez (9), Marcos Regueiro, Daniel González (1), Josemi Martínez(1), Iago Ferreiro (5), Mario Bento, Samuel Seijas (10), Nico Casal (1), Marco García (2), Nico Pérez (1), Nuno Loxo (1), Adrián Díaz.

Lirón Teucro 80 Aniversario: 33 (18+15). Miguel Jiménez, Roi González, Andrés Pérez (5), Miguel Monteagudo, Brais Cerviño, Anxo Fraga (1), Martín González, Caue Herrera (9), Ricardo Antón González (2), Eloy Krook (3), Rhuan Marchete Pereira (1), Gonçalo Areias (8), Daniel Vicente Pintus (4), Sergio Cortizo.

Parciais cada 5´: 3-4 / 7-8 / 9-11 / 12-14 / 14-16 / 16-18 / Descanso / 19-20 / 21-23 / 24-25 / 27-29 / 28-31 / 31-33 / Final. 

Colexiados: Cesar Díaz e Carlos Manuel Alonso.

Incidencias: 10ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío cunha inmellorable entrada e un ambiente de balonmán espectacular por parte de ambas as afeccións.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/hhTVnZU2sUzQju3h7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *