Saltar ao contido

BOA EVOLUCIÓN DO CLIMANOSA ANTE A SUPERIORIDADE FÍSICA DO CLUB BM.ATLÁNTICO

Non comezou ben o BM.Culleredo Climanosa o derbi ante o BM.Atlántico e os locais aproveitaron a súa superioridade física para adiantarse de forma cómoda nos primeiros compases do encontro. A diferenza chegaría a ser de ata sete goles, pero entón, os cullerdenses, comezarían a mellorar as prestacións, tanto defensivas como ofensivas para reducir os algarismos a catro tantos. O técnico do BM.Atlántico solicitaba o seu primeiro tempo morto para frear a evolución do BM.Culleredo Climanosa e o seu equipo respondía cunha leve reacción que lles levaría a dominar o partido cunha vantaxe cómoda ao termo dos primeiros vinte e cinco minutos (23-17).
No segundo acto, os xogadores de Culleredo continuarían incrementando o seu bo facer e, dominando agora no xogo e completando os mellores minutos, achegaríanse de novo ata un 25-21 esperanzador. A partir do meridiano deste acto, a fatiga iríase facendo máis evidente e o esforzo físico que estaban a realizar os cullerdenses ante un rival superior neste aspecto, comezaba a pasar factura. Sería entón cando os locais aproveitaban o momento e a circunstancia para marcar unha diferencia contorna aos seis e sete goles, unha vantaxe inalcanzable xa para o BM.Culleredo Climanosa que, con todo, acabaría por deixar instantes máis que meritorios nas diferentes fases do xogo e con ese parcial da segunda parte no que a diferencia reducíuse a mínima expresión (21-20).

BM.Atlántico: 44 (23+21). Gabriel Rodríguez, Mateo Burgos, Manuel Méndez, Samuel David López, Gael Espino, Mario Dorado, Jorge Cubeiro, Xan López, Xoel Cancelo, Pablo Santiago Hidalgo, Mateo Núñez, Diego Fdez.

Bm Culleredo Climanosa: 37 (17+20). Jorge García (P) , Fran Hermo (P), Anxo Blanco, Óliver Borrazás, Iván Bregua, Mauro López, Pablo Fraguela, Hugo Jiménez, Roi Palmeiro, Nicolás González, Mario Prada.

Parciais cada 5´: 4-3 / 10-5 / 15-7 / 18-11 / 23-17 / Descanso / 25-21 / 29-24 / 32-27 / 38-32 / 44-37 / Final.

Árbitros: Martina Regueiro e Noelia Mata.

Incidencias: Partido correspondente á 6ª xornada da Liga de Prata infantil masculina disputado no pavillón Valle Inclán de Oleiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *