Saltar ao contido

VITORIA DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES NO DIFÍCIL DESPRAZAMENTO A BUEU

O BM.Culleredo Depreocúpate.es, liquidou con suficiencia a difícil saída á pista do Pablo Herbello, en Bueu e continúa con paso firme o seu periplo na Liga Ouro. Foi prometedor o inicio para os cullerdenses, especialmente coa mellora defensiva tan ansiada, feito que axudou e moito a que o dominio no electrónico se establecese ben pronto cunha cómoda renda (3-7 minuto 10). Coa perda de acerto defensivo e por tanto, o camiño cara ao gol máis sinxelo para os locais, o encontro tornouse nun ida e volta no que os ataques se impoñían a ambas as retagardas, establecendo un marcador cuns algarismos altos cando se chegaba ao descanso (14-19).
No segundo acto, esta circunstancia faríase máis evidente e a fase defensiva pasaría a un estado residual, onde practicamente calquera acción individual, era suficiente para desarbolar o armazón duns e outros. Como mostra de tal desaguisado, o parcial destes segundos trinta minutos sería realmente avultado, un 24-25 que define perfectamente a inoperancia das retagardas e que permite aos de Culleredo volver cos dous puntos en xogo grazas a un marcador final de 38-44.

Serviauto Bueu ATL.Balonmán: 38 (14+24). Anxo González, Pablo Arce, Juan Villegas, Diego Otero, Mateo Blanco, Mario Agulla, Gael García, Alberto Fdez, Francisco Ríos, Marcos Soliño, Miguel Cadilla, Hugo Sobral, Mateo Vega, Roi Dávila.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 44 (19+25). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Isaac Lorenzo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodríguez, Alex Soto, Teo Gómez.

Parciais Cada5´: 2-3 / 3-7 / 7-11 / 8-13 / 11-14 / 14-19 / Descanso / 18-23 / 22-27 / 26-31 / 30-36 / 32-40 / 38-44 / Final.

Colexiado: Julio Villanueva.

Incidencias: Encontro correspondente á 6ª xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no polideportivo Pablo Herbello de Bueu con excelente presencia de afeccionados de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *