Saltar ao contido

O Salume Cocinas rescata 2 puntos de Santiago

Visita dos nosos cadetes do Bm Culleredo Salume Cocinas ao equipo da capital, o Bm Ribadosar.

Chegaban os nosos a este encontro nun momento de forma moi irregular, con moito que mellorar a nivel defensivo e con moitas dudas na fase ofensiva. Nos primeiros minutos puido verse esta situación, con ausencia de axudas e malas posicións defensivas nas situacións de 1x1, chegando os locais a irse 7 goles arriba.

Chamada ao orde para os cullerdenses e reacción, cun Salume Cocinas moito máis sólido a nivel defensivo, pero que non era quen de rematala faena na fase ofensiva, donde os erros de lanzamento e as decisións precipitadas se sucedían.

Coa cambio á defensa 6:0 e máis calma na fase ofensiva comezamos a recortar distancias, xogando a partires das permutas altas e das saídas dos extremos. Con todo chegaríamos ao descanso 1 gol arriba no marcador.

A segunda parte comezaba moi ben, cun Salume Cocinas moi serio, pero que facía de novo augas á hora de finalizar as ocasión xeradas, non sendo capaces de rompelo marcador nestos primeiros compases da 2ª parte.

Co paso dos minutos asentaríanse os nosos no encontro e conseguiríamos ir aumentando a diferenza ata os 4 goles, pero de novo nos derradeiros minutos 2 perdas seguidas e 1 erro de lanzamento facían que finalizásemolo encontro soamente 1 gol por encima.

Novo día de aprendizaxe para os nosos cadetes, que saben da dificultade de competir nesta categoría e do imprescindible que é mantela concentración e a intensidade durante os 60 min do encontro.

Bm Ribadosar-Nave de Vidán: 36 (16+20) Mateo, Queitán, Alejandro, Jose, Zoltan, Mateo, Jacobo, Anxo, Alejandro, Miguel, Aran, Nicolás, Iago, Damián, Tito, Martín.

Bm Culleredo Salume Cocinas: 37 (17+20) Pablo, Mateo, Hugo, Iván, Martín, Alex, Teo, Jacobo, Antón, Mauro, Guillermo, Beltrán.

Árbitro: Pablo Barreiro.

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *