
Afrontaban na mañá do sábado un novo encontro ligueiro os nosos rapaces do Climanosa, esta vez fronte aos eumeses do Bm Pontedeume.
Chegaban os nosos nun moi bo momento de forma, pero o inicio irregular do encontro facía ver relaxación por parte dos nosos, que non estaban a defender como nos teñen habituados.
Tras un axustes e unha chamada ao orde, cambiaba o transcurso do mesmo, cun Bm Culleredo Climanosa máis serio e que conseguía roubar moitos balóns e forzar perdas de balón co traballo de disuasión sobre os pares. O bo traballo defensivo permitíanos xogar case sempre en transición e rompelo marcador xa ao descanso cun marcador de 30-9.
A segunda parte seguiría coa mesma tónica da 1ª, cun Climanosa moi superior, que xeraba moitas dudas aos visitantes na nosa fase defensiva e conseguía correr de forma rápida ao contraataque e ao contragol.
Partido dominado polos nosos que afrontaránn a próxima xornada un duro encontro en Oleiros fronte ao Bm Atlántico.
Bm Culleredo Climanosa: 41 (30+11 Jorge, Anxo, Óliver, Iván, Mauro, Fran, Pablo Fraguela, Hugo, Roi, Aarón, Nicolás, Pablo Cacheiro, Mario.
Bm Pontedeume: 11 (9+2) Roi, Antía, Lucía, Darío, Saja, Roberto, Antón, Xoán, Lois, Lucía, Eva, Estela, Aldara, Alberto.
Árbitras: Martina Regueiro e Uxía Mariño.
Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga de Prata infantil masculina desputado nun Almeiras ateigado de público.
