Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada ateigada de partidos de máxima intensidade, tando na casa como nos desprazamentos dos nosos equipos. Unha nova xornada na que os nosos equipos recorrerán a xeografía galega!

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS CLUB CISNE OMMA ARQUITECTURA

As infantís volven a Almeiras despois de facer un bo papel a pasada fin de semana na Guarda.

Pero este encontro é outro, espérase un ritmo frenético na fase ofensiva xa que os dous equipos propoñen unha defensa 3:3, sistema defensivo que provoca moitas imprecisións no ataque.

Para iso o Sutenor leva unha semana moi boa de adestramentos. Ogallá poida brindar á afección unha nova vitoria para seguir nos postos altos da liga regular.

(IM) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Partido sen dúbida moi interesante desta Liga Prata infantil masculina, co Bm Culleredo Climanosa que ven nun bo momento de forma a medirse a un dos rivais máis duros deste Grupo Norte. Na mañá do domingo desprazaranse os nosos a Oleiros para buscar sumar 2 novos puntos nun partido que se decidirá na fase defensiva, sendo imprescindible frealos envites rivais e ser efectivos na fase de transición.

(IM) GARAYSA XIRIA “A” VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Os nosos infantís da Liga Ouro desprazaranse este domingo a Carballo, unha das pistas máis difíciles desta categoría infantil, para medirse a un dos equipos que sen dúbida é candidato a estar nos postos máis altos da clasificación. Trala experiencia do encontro desputado no Play-Off, veñen os nosos a este encontro coas ideas claras de por donde pasan as nosas oportunidades e da importancia de reducilas perdas de balón. Partidazo desta xornada e sen dúbida unha oportunidade de ouro para sacar algo positivo que nos manteña na loita pola zona alta da taboa clasificatoria.

(CF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS BM BRIGANTIUM NUNEGAL

As nosas cadetes do Canosa Abogacía xogan esta fin de semana fronte ao equipo coruñés do Brigantium.

Despois de conseguir unha boa vitoria na pista do Xallas, o Abogacía Canosa quere enlazar e conseguir a segunda vitoria consecutiva e establecerse para loitar polo terceiro posto da táboa, non será nada fácil conseguilo, para iso o a defensa ten que estar moi disciplinada e solidaria.

Na fase ofensiva o equipo debe de manter a fluidez de balón e a efectividade no lanzamento.

(CF) GRUPO LEMACO XIRIA “B” VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Un encontro onde os dous equipos se xogarán o liderato. O Fisioterapia Benestar visita unha pista moi compricada, onde se quere levar os dous puntos terá que facer un dos partidos máis compretos do ano. O equipo está concienciado para conseguilo, pero para iso controlar os tempos do encontro será crave e determinante.

(CM) BM CULLEREDO SALUME COCINAS VS ÓPTICA ARTEIXO BM

O Bm Culleredo Salume Cocinas enfrontarase na tarde deste domingo aos veciños do Óptica Arteixo Bm nun partido no que queren amosar que podemos defender a un gran nivel. Tralo comezo irregular da tempada, chegan os nosos con ganas de demostrar que poden dar moito máis, sobre todo a nivel defensivo, donde debemos dar un paso adiante para ser máis competitivos e poder competir cada partido ata o final.

(CM) SERVIAUTO BUEU ATL. BALONMÁN VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

A saída a Bueu este sábado por parte do BM Culleredo Despreocúpate.es, é un deses partidos a domicilio que se intúen igualados nunha pista sempre complicada e ante un bo conxunto. Aos cullerdenses, que contan os seus partidos por vitorias e ocupan o lugar máis alto na clasificación, chéganlles unhas semanas esixentes, nas que terán que enfrontarse a equipos coas súas mesmas aspiracións. Serán uns partidos difíciles que expoñerán os obxectivos polos que poderá loitar o BM.Culleredo Despreocúpate.es, e o primeiro escollo xa será o Servi Bueu ATL Balonmán. A urxencia máis inmediata para que os de Culleredo poidan competir para impoñerse nestes encontros, será o de poder mellorar de forma notable na faceta defensiva ante equipos con facilidade para ter éxito ante a portería rival. O partido xogarase ás 11:30h no Municipal Pablo Herbello.

(XM) CLÍNICA MS PONTEDEUME VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

O venres ás 19.45 os xuvenís do “ Galaico Caravaning” visitan o pavillón municipal da Casquiera en Pontedeume.

O equipo deberá de mellorar na faceta defensiva para poder levar o partido a un marcador máis baixo do que se viu na pasada xornada. O bo traballo durante a  semana nos asdestramentos, teremos que mostralo na pista este venres para así poder loitar polos postos altos da clasificación.

(XM) BALONMÁN CULLEREDO REMAX RIAZOR VS SAR NOSATUN

 O BM.Culleredo Remax Riazor, desexa continuar o seu camino triunfal nesta Liga Ouro xuvenil e, por iso, traballa arreo para impoñerse este Sábado á SAR Nosatún. O equipo de Redondela, visita a polideportiva de Almeiras na que será a segunda confrontación da tempada, despois da que disputaron ambos os conxuntos no Play-Off da categoría, a finais do mes de Setembro. Naquela ocasión, os cullerdenses conseguiron a vitoria con solvencia e para repetir, deberán de completar un encontro serio e regular durante os sesenta minutos. A SAR é un bo conxunto e o BM.Culleredo Remax Riazor deberá de evitar confianzas e traballar con humildade desde a defensa para conseguir os dous puntos en xogo. O partido dará inicio ás 11.30.

(SM) BM CULLEREDO VS LIRÓN TEUCRO 80 ANIVERSARIO

Duro rival o que recibe o BM.Culleredo esta fin de semana no municipal de Tarrío, na que será a décima xornada da 1ª División Nacional. O histórico conxunto da SD.Teucro, un dos favoritos para ocupar os primeiros postos da táboa, visita Tarrío co obxectivo de ascender banzos na clasificación e os cullerdenses, pretenden continuar coas boas sensacións competitivas como local, á vez que aumentan as súas prestacións para dar a badalada ante un exame de tal magnitude. O equipo traballa para mellorar na faceta defensiva e reducir os erros non forzados, algo que lle levará a encaixar menos goles e que se antolla labor indispensable para superar aos da cidade do Lerez. O encontro disputarase o sábado ás 19.30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *