Saltar ao contido

Primeira experiencia lonxe da casa para os nosos alevíns

Desprazábanse os nosos 2 equipos alevíns masculinos a Ribeira este domingo, afrontando o que é para eles o seu primeiro desprazamento largo e sen dúbida unha bonita experiencia.

Entrarían primeiro en escena os rapaces de 1º ano do Bm Culleredo Canedo, que se medían ás rapazas do Musieventos Balonmán Ribeira, un encontro que foi de gran dureza para os nosos, tendo que acostumbrarse ainda á maior intensidade da categoría e do balonmán 7. Trans un primeiro cuarto no que os nosos a pesares do resultado entraban algo dormidos, foron quen de dominar os 3 seguintes tempos e de amosar moitas cousas positivas. Conseguiron os pequenos guerreiros do Bm Culleredo Canedo defender de forma moi correcta, mantendo unha boa posición e traballando de forma excelente na desposesión do bote. Sen dúbida unha gran primeira experiencia neste tipo de desprazamentos.

MUSIEVENTOS BALONMÁN RIBEIRABM CULLEREDO CANEDO
1º CUARTO2º CUARTO3º CUARTO4º CUARTO
2-50-101-62-8
RESULTADO FINAL:4-12

Despois xogarían os nosos rapaces de 2º ano do Bm Culleredo Apartamentos Turísticos Beltane, medíndose ao equipo mixto do Club Balonmán Ribeira. Chegaban os nosos a este partido despois duns encontros moi irregulares e un comezo de tempada no que non o estábamos a facer ben, pero puidemos ver nesta ocasión a un Bm Culleredo Apartamentos Turísticos Beltane moi diferente. Dende o inicio vimos aos nosos moi intensos e concentrados, conseguindo recuperar numerosos balóns e saíndo rápido ao contraataque, unha mágoa os erros de lanzamento que nos impedían irnos rápidamente no marcador. No segundo cuarto os despistes defensivos permitíanlle aos locais irse un gol arriba, conseguindo empatalos nosos a falta de 15 segundos para o final. A partires de ahí fixeron os nosos 2 moi bos cuartos, nos que dominaron por completo o partido e remataron por levarse unha importante e bonita vitoria deste viaxe a Ribeira.

CLUB BALONMÁN RIBEIRABM CULLEREDO APARTAMENTOS TURÍSTICOS BELTANE
1º CUARTO2º CUARTO3º CUARTO4º CUARTO
4-65-53-91-6
RESULTADO FINAL:5-11 

Incidencias: Partidos correspondentes á 4ª xornada da Liga alevín mixta, co complexo deportivo da Fieiteira cheo ata a bandeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *