
(CM) Bm Culleredo Despreocúpate.es - Bm Chapela
O pasado sábado, o BM.Culleredo Despreocúpate.es recibía a un duro e correúdo equipo no municipal de Almeiras. O Balonmán Chapela, presentábase no polideportivo da localidade coa bitola de conxunto competitivo e de calidade, disposto a terminar coa imbatibilidade e o liderado dos cullerdenses. O encontro comezou movéndose na igualdade máis absoluta, tanto no xogo como no electrónico, con dúas retagardas a mercé dos ataques e ambos os porteiros sufrindo a inoperancia das respectivas defensas. Os de Culleredo, que conseguían os primeiros éxitos defensivos, adiantábanse no marcador, pero con diferenzas curtas ante a escasa consistencia de forma continua nesa parcela. A incerteza reinaba e reinaría ata o último instante debido a esta circunstancia, algo que evidenciaban os altos algarismos que reflectía o electrónico ao termo do primeiro acto (22-19).
Non perdería xa a vantaxe o BM.Culleredo Despreocúpate.es, unha diferenza que oscilaría entre os dous goles de mínima e os cinco de máxima, pero tampouco puido respirar tranquilo ata o asubío final, debido a que tanto Mateo como Lois superaban unha e outra vez o muro defensivo nas accións de 1x1 que acometían. Nicolás, desde o extremo, secundaba a continuidade a partir dos desequilibrios conseguidos polos seus compañeiros e perforaba ata en trece ocasiones a portería rival nunha definición impecable. Os desaxustes defensivos eran variados e as axudas ao compañeiro non existían. Os de Culleredo, movíanse no arame, aínda que manterían unha vantaxe con certa marxe grazas á facilidade resolutiva no ataque e nas accións de contragolpe. Sen dúbida, unha vitoria difícil e importante para continuar líderes invictos e prepararse para os duros e ilusionantes partidos que se aveciñan.
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 41 (22+19). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Iago Bolaños (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Isaac Lorenzo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Alexis Martínez, Adrián Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodríguez.
Balonmán Chapela: 38 (19+19). Mateo Lago, Juan Lago, Lois Alonso, Iago Cerqueira, Javier García, Nicolás Alonso, Antón Alonso, Sergio Vila, Oscar González, Hugo Fdez, Mario Fdez, Anxo Souto, Mario Carvalho, David Extremadura.
Parciais Cada5´: 3-3 / 6-6 / 11-11 / 15-13 / 19-16 / 22-19 / Descanso / 27-23 / 29-26 / 32-30 / 34-32 / 38-33 / 41-38 / Final.
Colexiados: Martina Regueiro e Uxía Mariño.
Incidencias: Encontro correspondente á 5ª xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no polideportivo de Almeiras con excelente presencia de afeccionados de ambos os conxuntos.
