Saltar ao contido

Un excelente Climanosa gaña en Viveiro

Tocáballes aos rapaces do Bm Culleredo Climanosa desprazarse a Viveiro este domingo para afrontar esta xornada da Liga Prata. Chegaban os nosos ao encontro nunha liña ascendente, tras completar unha moi boa semana de adestramentos.

Xa antes do comezo víase un encontro moi difícil, cun equipo local moi superior físicamente a calquera dos nosos xogadores, ao que habería que sumarlle a defensa pechada prantexada polos rivais, que sería todo un reto para os nosos rapaces que ainda non están acostumados a atacalas.

Comezaba o encontro cos nosos moi nerviosos e cometendo erros graves sobre todo a nivel ofensivo, botando de forma excesiva o balón e pelexándose en situacións de 1x1 dende parado que non nos levaban a ningures. A nivel defensivo sufrían os nosos nas situacións de 1x1 e non eran quen de axustalas distancias co atacante para poder desposeelo balón no bote. Con todo isto rápidamente sacaría vantaxe no marcador o equipo local, chegando a estar 5 goles por encima.

Co paso dos minutos, os nosos comezaban a relaxarse e a xogar de forma moito máis disciplinada, dando unha maior velocidade á bola en ataque e obrigando aos locais a correr dun lado a outro ata atopalo desaxuste defensivo. As transformacións dos nosos extremos dereitos permitíanos chegar co balón gañado á dereita e que o noso lateral penetrase nese espazo.

A nivel defensivo comezábamos a xogar coas distancias e conseguíamos tanto a desposesión do bote como xerar dudas ao atacante e forzar situacións de pasos ou perdas de balón. Chegábamos ao descanso soamente un gol por debaixo no marcador.

A segunda parte sería do Bm Culleredo Climanosa, cunha defensa moi sólida, con moitas axudas e un moi bo traballo de impares que nos permitían recuperar moitos balóns e sair ao contraataque.

En ataque estático a defensa local vasculaba moito cara a dereita para impedila penetración do noso lateral no espazo xerado pola transformación do extremo, pero a continuidade permitíanos chegar ao extremo esquerdo con moito espazo e que, os 3 xogadores que xogaron ahí, finalizasen con moita efectividade. A maior renda a favor dos cullerdenses chegou a ser de 6 goles, pero os erros de lanzamento nos minutos finais acurtaban algo o marcador rematando cun 29-32.

Moi bo partido dos nosos rapaces do Bm Culleredo Climanosa que seguen a crecer cada día e a amosar que queren loitar cada partido!

Club Balonmán Viveiro: 29 (15+14) Elmer, Diego, Miguel, Borja, Maxim, David Gueto, Gael, Jaume, Pablo Martínez, Fiz, Pablo Díaz, Mateo, David Petrus, Martín, Rubén.

Bm Culleredo Climanosa: 32 (14+18) Jorge, Anxo, Óliver, Iván, Mauro, Fran, Pablo Fraguela, Hugo, Roi, Aarón, Neil, Nicolás, Pablo Cacheiro, Mario.

Árbitro: Nicolás Núñez, moi correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da Liga de Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *