
Visitaban os rapaces do Bm Culleredo Salume Cocinas a sempre difícil pista do Bm Línea 21 e facíano con ganas de sumar 2 novos puntos.
Comezaba o encontro cun Salume Cocinas moi pouco profundo en defensa, permitindo aos locais chegar a zonas efectivas e sufrindo nestas situacións. A falta de axudas defensivas e de contundencia nas mesmas permitíalle aos locais atopalo camiño ao gol de forma sinxela.
Na faceta ofensiva os erros de lanzamento lastraban o bo traballo cullerdense, que non eran quen de sacar vantaxe no marcador, reflexando moita igualdade.
Co paso dos minutos irían os nosos subindo a intensidade defensiva e xogando de forma máis ordenada e efectiva en ataque o que nos permitía irnos ao descanso con 3 goles de vantaxe.
Daba comezo a segunda parte e facíao cun Salume Cocinas moi enchufado, que melloraba defensivamente e conseguía xerar perdas no ataque local, rompendo o encontro e sacando unha renta de 6 goles.
A partires do minuto 12 desta segunda parte, comezaban os nosos a cometer numerosos erros ante a presión da defensa local e a tomar decisións precipitadas, apretando de novo o marcador. Cun partido moi diferente ao anterior, os nervios dos nosos xogaron en contra nosa e permitíronlle aos locais levarse unha vitoria pola mínima.
Toca seguir traballando e crecendo para poder competir de mellor maneira este tipo de partidos.
Bm Línea 21 Reformas Coruña SL 2021: 38 (19+19) Mateo, Hugo, Aitor, Brais, Tomás, Marko, Nuno, Iago, Jacobo, Alejandro, Manuel, Derek, Darío.
Bm Culleredo Salume Cocinas: 37 (22+15) Pablo, Mateo, Hugo, Iván, Alexis, Iago, Martín, Alex, Teo, Jacobo, Antón, Isaac, Mauro, Guille, Beltrán.
Árbitros: André Pena e Jorge Sánchez.
Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da Liga de Prata.
