Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO QUEDA ÁS PORTAS DE PODER SUPERAR AO MARTINPEX-CAMPICARN BM.PORRIÑO

(SM) BM Culleredo - Campicarn-Martinpex BM Porriño - YouTube

Partido vibrante e igualado o que se disputou a pasada fin de semana no municipal de Tarrío entre o BM.Culleredo e o Martinpex-Campicarn BM. Porriño. Gran afluencia de público e excelente ambiente de balonmán coas bancadas a rebordar de afeccionados de ambos os conxuntos. Comezou mellor o conxunto porriñés, castigando en transicións rápidas ante o déficit no balance defensivo aos cullerdenses e dominando os primeiros parciais por 2-6 e 6-10. O BM.Culleredo, tardaría dez minutos en axustar a presión na saída do balón do seu rival e, especialmente, as rúas no balance, pero cando o conseguíu, lograría un parcial de 4-0 que poñería as táboas no electrónico ao paso polo meridiano do primeiro acto (10-10). Disputaríase entón, un último tramo deste primeiro tempo frenético, repleto de incerteza e tensión, onde a igualdade dominaba e o equipo de Culleredo desperdiciaba varias accións para poñerse por diante en situacións francas ante o porteiro rival. Ao descanso, a vantaxe dos visitantes, reducida á mínima expresión (14-15), deixaba todo por dilucidar na continuación. No segundo tempo a igualdade manteríase, as vantaxes, que oscilaban entre un e tres goles, parecían máis que suficientes para un BM.Porriño que as xestionaba con experiencia e non permitía abordar o sorpaso dos cullerdenses a pesar de tentalo de diferentes formas. A distancia parecía estar ao alcance, pero nos momentos cruciais, a aparición de erros non forzados ou a baixa eficacia ante a portería contraria, parecía desbaratar e minimizar esas posibilidades co paso dos minutos. Precisamente, ese acerto ante o porteiro, sería a que terminaría por dar a tranquilidade suficiente aos do Porriño nos últimos minutos, cando o cullerdense Xosé e o carballés Carlos Vilanova, definían con éxito os últimos lanzamentos para beneficio do seu equipo.

BM.Culleredo: 26 (14+12). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Lucas Sánchez, Manuel López, Alejandro Gómez (6), Marcos Regueiro (5), Daniel González (4), Pedro Pereira, Iago Ferreiro (1), Iván Sánchez, Samuel Seijas (4), Nico Casal, Marco García, Nuno Loxo (1), Darío Pérez (5), Adrián Díaz.

Martinpex-Campicarn BM. Porriño: 29 (15+14). Miguel Couñago, Carlos Vilanova (9), Iñigo Silva (3), David Moreiras, Fernando Mosquera (2), Jesús Maquieira (1), Martín Bar, Matías Nikitiuk, Xosé Canedo (3), José Álvarez, Martín Rodríguez (1), Guillermo Fdez (1), Pablo Álvarez, Eloy Molanes (3), Nahum Pérez (3), Yago Raymúndez (3).

Parciais cada 5´: 2-6 / 6-10 / 10-10 / 10-11 / 12-14 / 14-15 / Descanso / 15-16 / 17-18 / 18-20 / 21-23 / 22-25 / 26-29 / Final. 

Colexiados: Pablo Torreiro e Jonathan Hinojosa.

Incidencias: 8ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío cunha inmellorable entrada e un ambiente de balonmán espectacular por parte de ambas as afeccións.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/1PH6PMH6f3yXbTdK6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *