Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, RESOLVE CON SOLVENCIA O SEU ENFRONTAMENTO E CONTINÚA LÍDER INVICTO

(XM) Bm Culleredo Remax Riazor - Socaire Arquitectos Bueu Atlético Bm

O BM.Culleredo Remax Riazor, continua liderando a liga Ouro da categoría xuvenil e de novo conseguiría unha vitoria final con solvencia ante o bo conxunto de Bueu. Os visitantes, saíron ao 40x20 do municipal de Tarrío cunha intensidade notable e evidenciaban o desexo de competir e plantar cara ao que estaba a ser o líder imbatido da categoría. Tomaban o mando no electrónico e sorprendían co seu carácter encomiable e bo xogo, establecendo un parcial de 1-4 nos primeiros cinco minutos. Non tardarían en axustar a parcela defensiva os cullerdenses e aos quince minutos xa dominaban o marcador (8-6). Establecíase entón un partido vibrante, no que os locais parecían despegarse por momentos (14-10), pero o seu rival respondía, negándose a ceder ao primeiro de vez. Así se chegaba ao termo de descanso, cunha vantaxe mínima para o BM.Culleredo Remax Riazor e todo por resolverse na continuación (17-15).

Sería neste segundo tempo cando o equipo de Culleredo iría, aos poucos, distanciándose do bo conxunto bueués, algo xa recorrente á hora de madurar os partidos e de establecer un alto ritmo de xogo por parte do Remax. Así, xusto cando se chegaba ao meridiano, un parcial de 6-0, apoiándose unha vez máis nas altas prestacións defensivas deste equipo, o catapultaban a un 28-20 que ao cabo resultaría definitivo. Un último parcial de 4-1, cando o encontro tocaba ao seu fin, ampliaba a distancia ata eses doce goles (38-26) para que o BM.Culleredo Remax Riazor asinase unha nova vitoria antes do duro partido que lles espera en Lalín a próxima fin de semana.

BM.Culleredo Remax Riazor: 38 (17+21). Hugo Díaz (P), Marco González (P), Bruno Pardo, Fabián Manzo, Aarón Blanco, Alejo Martínez, Xoán Canedo, Anxo Negreira, Nicolás Casal, Atalo Bello, Josemi Martínez, Samuel Seijas, Iván Sánchez, Jorge Outón, Antón Pérez, Adrián Veira.

Socaire Arquitectos Bueu ATL.Balonmán: 26 (15+11). Jaime Moldes, Miguel Piñeiro, Martín Cadilla, Mateo Blanco, Mario Agulla, Gael García, Diego Fdez, José Manuel Cordeiro, Miguel Cadilla, Alejandro Arias, Marcos Martínez, Pedro Costas.

Parciais cada 5´: 1-4 / 4-4 / 8-6 / 11-9 / 14-10 / 17-15 / Descanso / 20-18 / 22-20 / 28-20 / 32-24 / 34-25 / 38-26 / Final. 

Colexiados: Pablo Torreiro, Víctor Pérez.

Incidencias: Encontro correspondente á 5ª xornada daLiga Ouro xuvenil disputado no pavillón de Tarrío con presencia dun centenar de siareiros de ambos os conxuntos nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *