
Partido vibrante o disputado na mañá do Domingo no municipal de Almeiras. O partido comezou cos 2 equipos explotando as súas virtudes ofensivas , o equipo cullerdense con rápidas transicións ao contraataque e o equipo coruñés dominando no xogo 2x2 co seu pivote no xogo posicional.Unha primeira parte na que ningún equipo conseguía dominar e así chegouse o descanso con empate a 14 goles.
Xa na segunda metade os primeiros 15 minutos foron de igualdade ata que un cambio no sistema defensivo culleredense hacia unha defensa máis aberta,propiciou roubos de balón para realizar contragolpes sinxelos.Chegamos o minuto 20 con vantaxe de 3 goles no electrónico.Varios minutos de imprecisóns e de erros nos lanzamentos permitiu que o OAR conseguira empatar o encontró e así finalizar cun reparto de puntos que despois do vivido no 40x20 durante os 60 minutos foi o mais xuntos para ambos conxuntos.
Balonman Culleredo Galaico Caravaning :27(14-13).Marco,Adrián, Jairo,Iago,Mateo,Víctor,Juan Pablo,Hugo,Antón, Roi,Anxo,Félix,Lucas,Álvaro,Fabián y Pablo .
OAR Coruña 1952 : 27(14-13).Leo,Rodrigo,Xavi,Hugo,Víctor,Isaac,Angel ,Diego,Leo,Roi,Yan,Agustín,Matías,Javier y Sergio.
Parciais cada 5’: 4-3/6-8/8-8/12-11/13-12/14-14/ DESCANSO/ 16-20/ 20-20/23-21/25-22/26-25/27-27/FINAL
Colexiados: Andre Pena y Jorge Sánchez
Incidencias :Partido disputado no pavillón de Almeiras ante un gran número de afeccionados locais e visitantes.
